InicioSociedadeOs casos de coronavirus na provincia escalan ata os 26 diagnósticos

Os casos de coronavirus na provincia escalan ata os 26 diagnósticos

Esta cifra supón un aumento en 10 casos respecto dos datos rexistrados na xornada de onte. Galicia presenta 285 afectados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de actualizar os datos dos positivos por coronavirus. Na comunidade galega, esta cifra xa ascende a 285, dos cales 26 pertencen a Lugo. Así, a provincia presenta un incremento de dez diagnósticos respecto á xornada de onte. 

Na área da Coruña rexístranse 84 casos; na de Ourense, 32; na de Pontevedra, 37; na de Vigo, 49; na de Santiago, 50; e na de Ferrol, 7.

Do total de pacientes positivos, nove deles permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 224 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 3 falecementos. Ademais, Sanidade tamén informa de que xa se realizaron 2.099 probas PCR.

RECOMENDACIÓNS

A Consellería de Sanidade pide á cidadanía que chame ao 061 só para emerxencias ou en casos graves. Lembra que segue activo o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves sobre o coronavirus. Así mesmo, o Sergas habilitou unha páxina web específica con información sobre a enfermidade e puxo en marcha un autotest para contrastar síntomas. 

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...