InicioSociedadeA borrasca Karine trouxo ventos de 150 kilómetros a Lugo

A borrasca Karine trouxo ventos de 150 kilómetros a Lugo

Cervantes acadou os 150 Km e Viveiro case 143 km.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vento deixou refachos de intensidade máxima entre este domingo e a mañá deste luns co paso da borrasca Karine de 150 quilómetros por hora en Cervantes (Lugo) e de 143,6 km/h en Manzaneda (Ourense) e de 143,1 no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras.

Así consta nos rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, nos que se reflicte que en zonas altas na noite do domingo o vento alcanzou, ademais, o 129,1 km/h en Carballeda de Valdeorras, os 116,4 en Baleira (Lugo) e os 110,2 na Veiga (Ourense).

Mentres, en localidades con altitude inferior a 900 metros, o vento alcanzou o domingo os 142,8 quilómetros por hora en Viveiro (Lugo); o 130,4 km/h en Portomarín, na mesma provincia; os 130,2 nas Neves (Pontevedra), os 127,4 en Fornelos de Montes e os 122,4 en Oia, tamén municipios pontevedreses.

Ata as 9,45 horas deste luns 2 de marzo, en vento deixou refachos de intensidade máxima de 143,1 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras; de 132,1 en Cervantes; 120,1 en Pedrafita do Cebreiro; 107,9 na Veiga e 106 en San Xoán de Río.

En localidades con altitude menor de 900 metros, este luns o vento alcanzou o 129,5 km/h en Fornelos de Montes; 127,4 en Portomarín; 126,1 nas Neves; 123,4 en Oia e 115,3 en Viveiro (Lugo).

Este luns hai aviso na montaña de Ourense e Lugo por acumulacións superiores aos cinco centímetros; así como no litoral galego por ondas que nalgunhas zonas poden superar o cinco metros de alturas.

ÚLTIMAS

Desarticulan un grupo criminal que roubaba gando en toda a provincia de Lugo

A Garda Civil detivo ao catro integrantes dun grupo criminal especializado no roubo de...

Un coche queda encaixado contra un local en Lugo, o condutor dá positivo en alcoholemia

Un accidente na rúa Xulia Minguillón de Lugo saldouse na madrugada deste venres cunha...

Trasladada en ambulancia unha muller agredida en Lugo por outras catro na vía pública

Unha moza sufriu unha agresión na vía pública en Lugo, tras a cal foi...

Deteñen a unha muller acusada de arremeter contra axentes tras negarse a someterse a unha proba de alcolehemia

A muller detida en Lugo por negarse a someterse a unha proba de alcolemia...