InicioSociedadeInterior saca a concurso o transporte de persoal da prisión de Monterroso...

Interior saca a concurso o transporte de persoal da prisión de Monterroso por máis de 400.000 euros

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 21 de febreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Subdirección Xeral de Servizos Penais —dependente do Ministerio do Interior— sacou a concurso por 432.000 euros o transporte do persoal da prisión de Monterroso.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este xoves o anuncio cos pregos de contratación. Este contrato terá duración de dous anos a partir de maio deste ano.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 21 de febreiro. A modernización dos vehículos e o custo serán factores a ter en conta no concurso.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Detido por agresión a un policía nacional no campo Anxo Carro

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron o pasado fin de semana a un...

A Policía libera a unha muller retida polo seu compañeiro de piso en Lugo

Unha muller, que se atopaba retida polo seu compañeiro de piso, foi liberada por...