InicioSociedadeComo serían as nosas cidades e aldeas se estivesen construídas con perspectiva...

Como serían as nosas cidades e aldeas se estivesen construídas con perspectiva de xénero?

Ao longo da historia, aos homes foilles asignado un rol na esfera pública; ás mulleres, no ámbito doméstico. Os espazos sempre se viviron diferente. Investigadoras avogan por un cambio de paradigma "que incorpore o principio de transversalidade de xénero": rúas "con ollos" para aumentar a seguridade e reducir as agresións sexuais que coartan "a liberdade" das mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os espazos non son neutros. O xeito en que foron creados e o xeito en que son habitados veñen definidos polas sociedades e os tempos. Dende a antiga Grecia, o acceso ao espazo público e á esfera social estaba reservada a un grupo de persoas determinado: o home branco, burgués, varón autónomo. Iso que se deu en chamar BBVA. E aquelas outras persoas que quedaran fóra desa norma quedaban tamén fóra da vida pública e das relacións sociais.

Se facemos correr cara adiante a máquina do tempo, debemos deternos noutro momento clave, os anos trinta. Nesta década, o manifesto A Carta de Atenas senta as bases do novo urbanismo, que queda organizado baixo unha estrita separación dos espazos segundo a súa función: para traballar, para habitar, para descansar, e vías de comunicación para conectalo todo. Unha nova formulación —tomada como referente incuestionable— que priorizaba o movemento privado e que reforzaba uns roles determinados para homes e mulleres.

Así pois, o masculino quedou adscrito á esfera pública, ao traballo produtivo e á racionalidade. O feminino, pola súa banda, quedou suxeito á esfera doméstica, ao traballo reprodutivo, ao coidado e á emocionalidade. Unha posición desfavorable que provocou a feminización da pobreza e a continuación do rol de coidadora das mulleres. Dende ese papel asignado historicamente, os espazos sempre se viviron diferente.

O CAMBIO DE PARADIGMA: O URBANISMO FEMINISTA

Como se habitan os lugares tamén depende de quen os crea, de quen os planifica. A urbanista Amparo Casares comenta que “as cidades teñen a perspectiva de quen as deseña”. Tratouse sempre duns “mecanismos de uso de poder importantísimos” que funcionaron ben como ferramenta para perpetuar actitudes.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...