InicioLugo e contornaLugoA Deputación de Lugo tentará reflotar o catamarán afundido no Miño

A Deputación de Lugo tentará reflotar o catamarán afundido no Miño

As incesantes choivas das últimas horas puideron ser a causa do afundimento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou que tentará reflotar o catamarán (A Illas) que estaba amarrado á beira do río Miño ao seu paso pola capital da provincia. As incesantes choivas das últimas horas puideron ser a causa do afundimento da embarcación, que levaba tres anos sen estar operativa por distintos motivos.

Tomé lembrou con respecto a ese catamarán “que había tempo que se tomou a decisión de sacalo do río e levalo a unha nave en Begonte para reparalo e acondicionalo. Para iso fíxose contrato por parte do servizo de arquitectura, pero finalmente non se cumpriu co servizo requirido.

“En novembro, o 22, adxudicamos un novo contrato para que ese barco se saque do río. Unha vez que se tentou retirar –como levamos moitos días con choivas– o terreo abrandou moito e a empresa díxonos que non podía sacalo”, explicou Tomei.

“Os estabilizadores hidráulicos que se poñen a cada lado para apoiar o camión fundíanse no terreo, estaba moi brando, e por tanto non tiña consistencia para levantar esa carga”, engadiu.

Ante esta situación, barállanse “diferentes posibilidades para retiralo, vai depender de como siga a climatoloxía, se segue así ou mellora, para levar alí as máquinas que haxa levar”.

O que si dixo Tomé que tiñan claro, desde o goberno provincial, é “que o barco o queremos quitar, pero quitalo en condicións de seguridade“.

SUBROGACIÓN DE SUPLUSA

Previamente, e nunha comparecencia acompañado pola vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, daba conta da subrogación do persoal da sociedade do chan Suplusa que está en fase de disolución por outra empresa pública, por Tragsa.

Son 19 os traballadores, que fundamentalmente realizaban traballos de coidado de xardíns, un mantemento que se manterá coa irrupciónde Tragsa.

Para chegar a isto, a Deputación de Lugo comprou unha acción de TRAGSA por 8.225 euros, nunha operación á que se adheriron, dixo, outras 28 deputacións. En Galicia ademais de Lugo, tamén A Coruña.

En canto á disolución definitiva de Suplusa, que presidiu en a pasada lexislatura o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, estimou que aínda se poderían tardar “dous ou tres anos” dada a complexidade deste tipo de operacións.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...