InicioLugo e contornaLugoFiscalía pide máis de 500 anos de cárcere para García Adán e...

Fiscalía pide máis de 500 anos de cárcere para García Adán e o seu lugartenente, acusados na ‘Operación Carioca’

Trátase das pezas separadas sobre os casos dos clubs Queen's e La Colina, en Lugo e Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ministerio fiscal solicita no escrito de acusación dunha das pezas separadas da ‘Operación Carioca’, concretamente a que fai referencia aos clubs Queen’s e La Colina, en Lugo e Outeiro de Rei, máis de 500 anos de cárcere para José Manuel García Adán e o seu lugartenente, José Manuel Pulleiro.

En concreto, nese escrito de acusación, a Fiscalía pide para García Adán case 269 anos de cárcere e preto de 249 de reclusión para Pulleiro, así como case seis anos de prisión para unha cidadá brasileira que supostamente se ocupaba de contactar coas seus compatriotas no seu país de orixe.

O ministerio fiscal considera que os dous principais acusados cometeron un delito contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros, cincuenta e catro delitos de prostitución coactiva e vinte e sete delitos contra os dereitos dos traballadores.

Ademais, a García Adán impútalle dous delitos a maiores contra os dereitos dos traballadores, dous delitos de ameazas, tenencia ilícita de armas e un delito contra a saúde pública por drogas nun establecemento aberto ao público.

Segundo o ministerio público, polo menos desde o ano 2005, García Adán e Pulleiro, coa colaboración da outra acusada, “localizaban mulleres brasileiras que se atopaban no seu país de orixe, tendo pleno coñecemento da súa precaria situación económica, persoal e familiar, para que viñesen exercer a prostitución nos clubs Queen’s e La Colina”.

Era a acusada de nacionalidade brasileira, que se facía chamar “Leticia”, a que se poñía en contacto con elas e explicáballes “as condicións da viaxe a España”, así como que “tiñan que facerse pasar por turistas” ao “chegar ao control do aeroporto”.

As mulleres contraían “unha débeda de aproximadamente 3.000 euros que deberían resarcir mediante o exercicio da prostitución nos mencionados clubs”, para o que se lles descontaba diariamente “unha porcentaxe do gañado coas copas e os servizos sexuais”.

Mediante ese método, sostén o fiscal, os acusados introduciron en España a unha trintena de mulleres.

“Co obxectivo de conseguir que as mulleres que acudían aos seus clubs non abandonasen o exercicio da prostitución”, ambos crearon “un ambiente de violencia, xerando un clima de temor, caracterizado pola agresividade dos acusados”, precisa o ministerio público, de forma que era habitual que García Adán leva “de forma intimidatoria armas”.

As mulleres que traballaban neses clubs “carecían de calquera dereito inherente á súa actividade laboral”, dado que non tiñan “contrato de traballo” nin “seguro médico”.

A súa vida nos bordeis rexíase “por unha serie de normas non escritas”, chegando a impoñerlles multas os proxenetas, “que oscilaban entre trinta e sesenta euros”, cando non ían traballar ou se se chegaban tarde.

“As condicións nas que traballaban as mulleres eran de extraordinaria dureza, tanto polas normas de traballo impostas, como polas regras de conduta e convivencia fixadas polas acusados”, sostén o ministerio público.

Así mesmo, traballaban nesas locais “mulleres maiormente estranxeiras, que carecían de residencia legal en España e que se atopaban nunha difícil situación económica, persoal e familiar”.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...