InicioLugo e contornaAmeazan con denunciar ao Sergas por "incumprimentos" en contrato público de seguridade...

Ameazan con denunciar ao Sergas por “incumprimentos” en contrato público de seguridade en tres centros en Lugo

Segundo o sindicato, a empresa Salzillo Seguridade "non está a executar as condicións técnicas ofertadas" para os centros de xestión integrado de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreiro de Galicia (FTSP-USO) estuda emprender accións legais contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) pola súa “complicidade” no “incumprimento” do contrato público de seguridade de varios centros en Lugo.

Segundo o sindicato, a empresa Salzillo Seguridade “non está a executar as condicións técnicas ofertadas” para os centros de xestión integrado de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Entre estas reivindicacións atópanse melloras para os edificios como cámaras e programas informáticos. Ademais, para os traballadores solicitan luvas anti recorte ou raquetas, entre outros.

A execución destes cambios suporía que os traballadores “verían máis e mellor atendidas tanto as súas obrigacións laborais así como “a calidade e comodidade do seu desenvolvemento”, indicou USO.

O sindicato asegurou que en dúas ocasións dirixiron escritos ao Sergas, a última “advertindo de accións legais” na que avisou de “incumprimentos graves” do contrato público por parte da empresa de seguridade. Por iso, avisa que de persistir esta situación, a institución sanitaria “podería ser igualmente acredora” e “merecedora” dunha sanción.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...