InicioSociedadeO Rof Codina suma un novo acelerador lineal ao seu equipamento de...

O Rof Codina suma un novo acelerador lineal ao seu equipamento de radioterapia animal

Espérase que mellore a rapidez e a precisión dos tratamentos, á vez que mitigue o risco de efectos secundarios

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Hospital Veterinario Rof Codina, vinculado á Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo (USC), confirmou que no mes de setembro incorporará un novo acelerador lineal ao seu servizo de radioterapia. Este dispositivo acaba de ser instalado nas dependencias do Laboratorio de Radiofísica e procura mellorar a rapidez e precisión nos tratamentos.

As obras de instalación e montaxe, así como a posterior posta a punto e calibración do novo acelerador lineal obrigaron ao “cesamento temporal da actividade desenvolta polo Servizo de Radioterapia Veterinaria” do Rof Codina, segundo explicou a Universidade de Santiago de Compostela nun comunicado.

O primeiro tratamento aplicado polo Servizo de Radioterapia no Hospital Rof Codina, un “centro de asistencia médica veterinaria pioneiro en España”, foi no ano 2012 e, a partir dese momento, “outros moitos usuarios, animais de pequeno e mediano tamaño chegados desde distintas localizacións de Galicia, recibiron ese tipo de terapia”.

Segundo a Universidade de Santiago, o novo acelerador “mellora a rapidez e a precisión dos tratamentos, á vez que mitiga o risco de efectos secundarios nos animais que reciben este tipo de terapia”.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...