InicioSociedadeRematan as obras no treito lucense da autovía Ferrol-Vilalba

Rematan as obras no treito lucense da autovía Ferrol-Vilalba

As actuacións estaban dirixidas a reparar o firme entre o enlace de Cabreiros coa estrada LU-540 e o límite co concello das Pontes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora do firme executadas nos últimos meses na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), no treito da provincia de Lugo, que contaron cun orzamento próximo aos 200.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se realizaron reparacións puntuais na vía ao seu paso polos municipios de Xermade e Vilalba, dende o punto quilométrico 39,790 ao 55,950. Principalmente actuouse en 2,7 quilómetros que transcorren entre o enlace de Cabreiros coa estrada LU-540 e o límite co concello das Pontes, na provincia da Coruña.

A intervención consistiu na rehabilitación do firme nos treitos da calzada que presentaban maior deterioro, mediante fresados localizados e a posterior reposición da capa de rodadura con mestura bituminosa en quente.

Os traballos comezaron o pasado outono e leváronse a cabo durante os últimos meses, cun parón na tempada invernal. Segundo apuntou o delegado, a continuación procederase ao repintado da sinalización horizontal nos tramos de actuación.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...