InicioSociedadeDenuncian a carencia de chalecos antibalas nalgúns corpos de seguridade de Lugo

Denuncian a carencia de chalecos antibalas nalgúns corpos de seguridade de Lugo

"Non deberiamos esperar a que ocorra unha desgraza para darlle solución", denuncian dende UFP acerca dunha situación que afecta á Policía Xudicial e os axentes de estranxeiría.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UFP), Miguel González, denunciou este venres que a Policía Xudicial e os axentes de Estranxeiría da comisaría de Lugo non dispoñen de chalecos antibalas.

González lembrou que “o goberno ten a obrigación de dotar os seus traballadores dos medios adecuados para estar na rúa”. “Somos un servizo público que debería de estar como Deus manda e non esperar que ocorra unha desgraza para darlle solución”, explicou. Así, censurou que “a día de hoxe todos os grupos da Policía Xudicial e Estranxeiría, que están na rúa, non teñen o seu chaleco personalizado”.  “Desde a UFP dicimos basta, e que se doten a todos os policías dos medios adecuados para estar na rúa”, subliñou.

O sindicalista estendeu esta carencia ás mulleres policía, que supoñen unha quincena dentro do cadro de persoal. Elas tampouco contan con chalecos adaptados, lamenta. “No seu día pasou o que pasou en Vigo con Vanessa (axente morta durante un tiroteo en 2014), déuselle bombo a iso de que se ían a adaptar os chalecos para as compañeiras policías e non se fixo”, protestou.

Miguel González puntualizou que agora vai haber un investimento “importante” en pantalóns e camisas. “É importante que a policía non vaia coas camisas rotas ou recosidas, pero tamén é certo que ten que haber prioridades”, matizou.

Puxo como exemplo a “última actuación” en Madrid dunha axente que tivo que sortear, con chaleco, a un delincuente que a ameazaba cun coitelo. González ten claro que “de non levar chaleco, hoxe estariamos a falar dunha desgraza”. “Quero tamén desde aquí felicitar aos meus compañeiros (de Madrid) porque souberon ter unha temperanza importante”, así como a compañeira, que estaba no seu “primeiro traballo na rúa”, finalizou.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...