InicioSociedadeO vindeiro ano xa se poderá estudar en Lugo Bioquímica, Xestión Cultural...

O vindeiro ano xa se poderá estudar en Lugo Bioquímica, Xestión Cultural e Empresa e Tecnoloxía

A USC ampliará a súa oferta para o curso 2020-2021 en dous master no campus de Santiago.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A USC ampliará a súa oferta académica para o curso 2020-21 coa implantación de tres novos títulos de grao e dous master, tal e como aprobou este xoves o Consello de Goberno da institución académica na reunión común presidida polo reitor Antonio López no Vicerreitorado de Coordinación do campus de Lugo.

A posta en marcha destas novas titulacións permitirá á USC fortalecer e renovar a súa xa ampla oferta nos campus de Lugo, onde se impartirán os graos de Empresa e Tecnoloxía (Facultade de ADE), Bioquímica (Facultade de Ciencias), e Xestión Cultural (Facultade de Humanidades), e de Compostela, no que as facultades de Xeografía e Historia e de Farmacia acollerán, respectivamente, a partir do próximo curso académico 2010-21, as sedes dos master interuniversitarios en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedad e Nanociencia e Nanotecnoloxía.

O cinco novos títulos de grao e master, á espera da súa aprobación polo Consello de Universidades, “enriquecen e dan mostra do dinamismo e da permanente actualización para a que traballa a USC”, segundo indicou Antonio López, quen tamén se referiu a os novos graos que impartirá a USC en Lugo como “unha aposta por reforzar e, cábese, incrementar o atractivo do campus de Lugo como destino universitario”.

As novas titulacións programadas pola USC en Santiago e en Lugo, onde este curso xa botan a andar o grao en Robótica e o máster universitario en Enxeñaría de Procesado de Alimentos, ademais doutros títulos propios (Máster en Igualdade de oportunidades e xénero na empresa), permitirán aos futuros titulados achegarse aos novos nichos de emprego que está a deparar o mercado laboral.

A reunión do Consello de Goberno da USC celebrada en Lugo permitiu tamén aprobar o novo regulamento do profesorado emérito na institución académica, á vez que serviu para a validación definitiva da nova estrutura de gobernación do Campus Terra da USC, o fin de garantir o éxito da súa concorrencia na próxima convocatoria de Campus de Especialización da Xunta de Galicia, entre outros asuntos.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...