InicioDeportesTito Díaz: "Creo neste equipo, é o meu club"

Tito Díaz: “Creo neste equipo, é o meu club”

O novo primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán comezou cun "recoñecemento a Natxo Lezkano", que vai "aproveitar todo o bo que hai" e adiantou que pedirá "compromiso" aos xogadores, así como non tolerará "faltas de actitude"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O adestrador lucense Tito Díaz foi presentado oficialmente coma novo primeiro técnico de Cafés Candelas Breogán. O novo segundo adestrador breoganista é o tamén lucense Javi Muñoz en substitución de Óscar Lata, mentres que o lucense Pablo Abuín mantense coma axudante. 

Suso Lázare, presidente do Breogán, adiantou que “aqueles que non se vexan capacitados para remar non teñen cabida”.

Tito Díaz comezou cun “recoñecemento a Natxo Lezkano” e que vai “aproveitar todo o bo que hai”. Ademáis, lembrou que é “breoganista” e cre “neste equipo”. Loubou ao breoganismo dicindo que “é a mellor afección ou unha das mellores de España”. “Aos xogadores voulles pedir o que eu teño, que é compromiso. Non perdoo a falta de actitude. Aí, terán un inemigo”, explicou.

No eido táctico, dixo que deben “dar un paso adiante en defensa” e avanzou que buscará “ritmo” no xogo.

Por outra banda, ante a rescisión de Elijah Millsap, contestou que “sería perfecto” que se fichase un substituto.

Opinou que o partido do vindeiro domingo ante Montakit Fuenlabrada ás 12:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo “non é un match ball, é un partido importante”.

 

 

 

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...