InicioSucesosCae unha ponte en Navia de Suarna, as estradas provinciais permanecen cortadas

Cae unha ponte en Navia de Suarna, as estradas provinciais permanecen cortadas

Tamén houbo un accidente cun ferido na LU-P-1611, ao caerlle unha árbore sobre o vehículo no que viaxaba

PUBLICADA O

- Advertisement -

O paso da borrasca por Galicia provocou a caída dunha ponte en Navia de Suarna e a Deputación de Lugo mantén cortadas varias estradas provinciais.

Segundo informou a institución provincial nun comunicado, trátase da LU-P-1701 que conecta Feira do Monte e Muimenta, onde desbordou a auga á altura do quilómetro nove; a LU-P-0802, de Bengonte a Santalla e que está asolagada ao principio da vía no cruzamento coa N-VI; e a LU-P-3501 de Navia de Suarna ao Alto do Restelo, pola caída da ponte de Acea.

Desta forma, os técnicos da Deputación avalían os danos da ponte que caeu en Navia, para poder encargar con urxencia as obras de reparación. Segundo detallou a Deputación, a caída produciuse no tramo vello da estrada.

Durante a pasada noite, os técnicos rexistraron un total de 45 incidencias na rede de estradas provinciais e a maior parte delas estiveron relacionadas coa caída de árbores, desprendementos e inundacións de vivendas. Ademais, houbo un accidente cun ferido na LU-P-1611, ao caerlle unha árbore sobre o vehículo no que viaxaba.

A Deputación tamén mantén despregado o dispositivo contra as nevadas, que reforzará esta tarde ante as malas previsións meteorolóxicas con 24 máquinas quitaneves, oito vehículos de apoio, oito todoterreos e 64 operarios.

Neste sentido, lembra que se mantén activa a alerta amarela por neve en case toda a provincia, onde a cota de nive sitúase entre os 600 e os 800 metros.

Por iso, na mañá deste martes os técnicos da Deputación traballaron para despexar as estradas e garantir a circulación. As vías da comarca rexistraron un espesor de neve de entre tres e catro centímetros.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo pon en marcha o transporte rural a demanda este luns con conexións ao HULA e ao centro

O servizo municipal de transporte rural a demanda de Lugo comezará a funcionar o...

Máis dun milleiro de persoas cortan a N-540 para esixir o arranxo dunha vía “intransitable”

Máis dun milleiro de manifestantes, segundo o presidente da Asociación Xuntos por Lugo, Alberto...

Besteiro acusa á Xunta de actuar “de costas ás persoas” en política social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao Goberno galego de...

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...