InicioDeportesXadrez coma lecer en xuño, xullo e setembro

Xadrez coma lecer en xuño, xullo e setembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo desfrutará da nova programación de xadrez en xuño, xullo e setembro na que se inclúen exhibicións, torneos sub 2200, xadrez na rúa e campamentos urbanos. Na presentación na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, participaron Miguel Fernández, concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo; Ana Abelleira, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión; e Pablo Castro, presidente da asociación cultural Xaquedrum.

Miguel Fernández, concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, reivindicou o xadrez coma “alternativa de lecer” e “en espazos públicos”. Pola súa banda, Ana Abelleira subliñou a importancia desta programación en termos de “igualdade”.

Programa 

Nos meses de xuño, xullo e setembro de 09.00 horas a 14.00 horas celebraranse campamentos urbanos no Colexio Illa Verde. Por unha banda, “xadrez divertido” para cativos de entre 3 e 8 anos para aprender as cuestións básicas; e “xadrez máxico” de nenos de entre 9 e 15 anos con dous grupos: iniciación e perfeccionamiento. Os interesados poden inscribirse no enderezo electrónico xaquedrum@gmail.com ou en 657974937.

Do 1 ao 12 de xuño na Praza Maior de Lugo, poderase gozar de xadrez na rúa, nun taboleiro xigante.

O 8 de xuño ás 18:30 horas na Praza Maior terá lugar unha exhibición de Marta Quintás, a campiona galega sub 14, e unha partida simultánea contra 10 xogadores.

Por último, o sábado 23 e domingo 24 de xuño están programados dous torneos sub 2200. Neste evento, participarán 15 alumnos e alumnas da Escola Lucense de Xadrez.

 

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...