InicioCulturaLuar na Lubre, De Vacas ou Grande Amore nas festas do San...

Luar na Lubre, De Vacas ou Grande Amore nas festas do San Froilán

A Concellería de cultura destaca a grupos como Eliades Ochoa, Baiuca ou Hard GZ serán os protagonistas xunto a grupos como Ciudad Jara, Carolina Durante, La M.O.D.A ou The Rapants.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O San Froilán, a festa do outono galego, volverá encher as rúas de Lugo un ano máis, cunha edición que se celebrará entre os días 4 e 12 de outubro, e que contará con máis de 200 actividades, un centenar de actuacións musicais e unhas previsións meteorolóxicas que apuntan bo tempo na capital lucense.

Cun orzamento municipal duns 700.000 euros que controla o BNG, a Praza de Santa María e a Praza Horta do Seminario acollerán concertos de grupos destacados do panorama estatal como Carolina Durante, Rayden, Ciudad Jara ou La M.O.D.A, así como de artistas recoñecidos a nivel internacional como Eliades Ochoa ou grupos galegos que encheron salas e festivais nos últimos meses, como The Rapants ou Grande Amore, ademais de clásicos como Luar na Lubre ou De Vacas, entre outros.

A proposta do departamento de Cultura do concello lucense ten como obxectivo achegar concertos de “artistas coñecidos e emerxentes con diversos estilos e xéneros musicais para que todas as persoas de Lugo e as que se acheguen poidan gozar de actividades do seu gusto“.

Ademais, o San Froilán contará con actividades tradicionais como o desfile do traxe tradicional, que este ano celebra a súa 51 edición ou o desfile de gando. Así, a edil de Cultura, Maite Ferreiro destacou que a cultura tradicional galega conta “cun importante peso” na programación con actividades como o XXI Festival de Música Tradicional de Cántigas e Flores; a Verbena Galega D’antes; ou a XXV Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos que animará as rúas do centro histórico con máis dunha decena de agrupacións tradicionais.

Tamén o ‘San Froilán Miúdo’ celebrará na carpa do aparcadoiro do Seminario e noutras rúas de Lugo unha nova edición cunha vintena de actividades para toda a familia. En total, o programa conta con 50 concertos en escenarios e preto de 90 actividades de rúa, con pasarúas, espectáculos itinerantes, maxia, humor e animación nos barrios, que comezarán tras o pregón, que correrá a cargo da investigadora Sonia Villapol. Será o mércores, ás 20,00 horas, no Concello.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...