InicioLugo e contornaLugoGuido Guía, Muralla, Catedral, Gran Hotel e Praza Maior, premio Travelers Choice...

Guido Guía, Muralla, Catedral, Gran Hotel e Praza Maior, premio Travelers Choice 2023 de TripAdvisor

A través das reseñas de millóns de viaxeiras e viaxeiros, aproximadamente un 10% dos aloxamentos, restaurantes, experiencias e destinos do mundo reciben anualmente esta distinción

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por segundo ano consecutivo Guido Guía, Eurostars Gran Hotel, Muralla Romana e Catedral de Santa María repiten o recoñecemento Travelers Choice na cidade de Lugo. Este ano súmase tamén a Praza Maior.

A plataforma internacional TripAdvisor, unha das máis utilizadas polas viaxeiras e viaxeiros a nivel mundial, recoñece cada ano co Travelers Choice (anteriormente Certificado de Excelencia) a selectos aloxamentos, atraccións e servizos turísticos do mundo que amosan constantemente un compromiso coa excelencia e coa hospitalidade. Cada ano aproximadamente o 10% das empresas e recursos turísticos internacionais reciben este premio que os distingue entre os preferidos de todo o planeta.

Na cidade de Lugo foron recoñecidos, igual que no 2022, o proxecto Guido Guía, a Muralla Romana, a Catedral e o Eurostars Gran Hotel con cinco, catro e media e catro burbullas respectivamente. Este ano foi tamén recoñecida a Praza Maior con outras catro burbullas.

TripAdvisor utiliza un algoritmo patentado para determinar as homenaxeadas e homenaxeados de Travelers Choice. Ten en conta a calidade, cantidade e actualidade das críticas e opinións enviadas polas viaxeiras e viaxeiros en TripAdvisor durante un período de 12 meses, así como a tendencia e clasificación no índice de popularidade do lugar.

Para ser recoñecido para Travelers Choice, unha empresa ou destino debe manter unha clasificación xeral de burbullas de TripAdvisor de cando menos catro de cinco, ter un número mínimo de opinións, e debe ter estado en TripAdvisor como mínimo 12 meses.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo absolve a unha muller e a súa filla acusadas de estafar á avoa para que lles dese diñeiro

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu a dúas mulleres, nai e filla, que estaban...

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...

Panadeiros piden “un convenio moderno e con garantías para o sector” na provincia

Un grupo de panadeiros, en representación dos 1.500 que hai na provincia de Lugo,...