InicioCulturaBota a andar o III Premio Morales para promover a lingua galega...

Bota a andar o III Premio Morales para promover a lingua galega do Bierzo

Estes premios buscan promocionar o galego do Bierzo e da Seabra e divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Edicións Positivas vén de presentar as bases para a convocatoria ao III Premio Morales para a promoción da lingua galega do Bierzo e da Seabra/Sanabria, que ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.

Segundo explican nas bases, pódese concorrer a un total de catro categorías: debuxo inspirado nos versos do poema ‘A Santísima Virgen da Quinta Angustia’ (para o alumnado de educación infantil e primaria adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierno e Seabra/Sanabria); peza literaria en galego – conto, poesía ou teatro – a partir deses mesmos versos (unha categoría para alumnado de educación secundaria e bacharelato adscrito ao programa; e outra para alumnado estudante de galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e calquera persoa do Bierzo e Sanabria maior de 18 anos); e proposta de normalización lingüística (poderá concurrir calquera persoa cunha proposta relacionada coa lingua galega do Bierzo, sexa sobre dialectoloxía, a toponimia, a historia da lingua, a sociolingüística, a literatura popular (contos, refráns, poesía…).

O prazo para participar no certame rematará o día 20 de agosto de 2022. O xurado estará integrado por persoas de recoñecido prestixio elixidas polo comité organizador do III Premio Morales; e valorará a orixinalidade, creatividade e innovación, a calidade estética e artística e, no caso das creacións literarias, a calidade da lingua.

Todos os traballos seleccionados nas catro categorías terán como agasallo a publicación das súas creacións nun libro que será presentado durante o acto de entrega dos premios, que terá lugar o 1 de outubro en Cacabelos. Ademais, de entre todos os gañadores en cada categoría, o xurado concederalle á mellor creación os seguintes premiosCategoría A: Conxunto de xogos de mesa. Categoría B: Un eReader, que inclúe ebooks de literatura galega. Categoría C: Estadía dunha fin de semana nun balneario de Galicia para dúas persoas. Categoría D: A proposta gañadora recibirá 20 libros do catálogo de Edicións Positivas.

ÚLTIMAS

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...

Novos achados no xacemento do S.IX AC de Pobra de Brollón apuntan ao colapso de edificacións por un incendio

Novos achados no xacemento do S.IX AC localizado en Penas do Castelo, parroquia de...

Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría

Un home tivo que se trasladado con síntomas de intoxicación por fume tras un...