InicioSen categorizarMáis de cen pilotos competirán nunha nova edición do Rally de San...

Máis de cen pilotos competirán nunha nova edición do Rally de San Froilán

O programa do Rally San Froilán arricará o venres en Lugo, coa presenza dos coches no aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

PUBLICADA O

- Advertisement -

105 pilotos, entre eles Francisco Dorado -actual líder do Campionato Galego de Rally-, Jorge Pérez, Alberto Meira, Luis Vilariño, Alberto Nimo ou Adrián Díaz, competirán na 43 edición do Rally San Froilán. A competición disputarase esta fin de semana en Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Sarria e Láncara, e conta cunha achega de 30.000 euros por parte da área de Deportes da Deputación.

Este mediodía tivo lugar a presentación na Praza de San Marcos e, nela, o deputado Efrén Castro destacou a “popularidade do Rally San Froilán, que é seguido por afeccionados e afeccionadas de toda Galiza, e aglutina grandes nomes do motor pero tamén a moitos de pilotos de todas as comarcas, que pasan boa parte do ano preparando os seus coches, buscando patrocinadores privados, e que chegan con moitísima ilusión ao Rally”.

A presidenta da Escudería Miño, organizadora da proba, Mayte Vilanova, remarcou o alto nivel dos participantes na carreira, “coa vitoria máis aberta ca nunca” e con moitas opcións de rematar “con algún piloto lucense no podio”

No acto, que se celebrou coa presenza  dalgúns dos coches que competirán no rally, tamén estiveron presentes representantes de todos os concellos polos que pasa a carreira ademais da subdelegada do goberno do Estado en Lugo Isabel Rodríguez e o xefe de deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero.

PROGRAMA

O programa do Rally San Froilán comezará o venres en Lugo, coa presenza dos coches no aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire durante toda a tarde e unha cerimonia de saída, protocolaria, na Praza Maior, a partir das 19.30 horas.

O sábado disputarase a carreira, con cinco treitos a dobre pasada, nos itinerarios marcados nos concellos de Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Sarria e Láncara. O Rally San Froilán volverá así nesta edición a percorrer estradas da comarca de Sarria, por onde non pasaba desde 2017. O acto de entrega de premios será o domingo ás 12.30 horas na Praza Maior de Lugo.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...