InicioLugo e contornaLugoLugo xa ten o seu "Paseo da Fama" para as palabras do...

Lugo xa ten o seu “Paseo da Fama” para as palabras do ano da RAG

Rubén Arroxo visita co Presidente da Real Academia Galega as palabras do ano, instaladas na Rúa Menorca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rúa Menorca de Lugo será como o “Paseo da Fama” de Hollywood, pero non con nomes de estrela do cinema, senón palabras estrela do galego. Así, nela instalaranse as distintas palabras do ano escollidas pola Real Academia Galega (RAG) desde o 2014 ao 2020.  Precisamente, este luns o tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, visitaron a rúa peonil.

“Con esta iniciativa queremos seguir coa mellora da imaxe da cidade ao mesmo tempo que poñemos en valor un símbolo tan importante como a lingua galega”, dixo Rubén Arroxo. Así, destacou que seguirán colocando, cada ano, a palabra que a Real Academia designe como palabra galega máis utilizada e sinalou que “o futuro da nosa lingua está vivo e as palabras de cada ano pasan a formar parte do idioma xa que sintetizan parte da realidade de cada época”.

A Palabra do Ano é escollida no Portal das Palabras cada ano. En 2012, a RAG e a Fundación Barrié, asinaron un convenio de colaboración en materia de lexicografía. Para a colocación das palabras utilizouse un material duradeiro e que permitirá unha boa e sinxela visibilidade do texto. Vai acompañando a cada verba o ano no que foi nomeada pola Real Academia, no Portal das Palabras, como palabra do ano.

As seis palabras do ano escollidas até o de agora son: corrupción (2014), refuxiados (2015) , irmandade (2016) , afouteza (2017) , deseucaliptización (2018) , sentidiño (2019) e Nós (2021) . A última das palabras gañadoras, Nós, fai referencia a toda unha xeración e Castelao titulou, con acerto, os debuxos deste proxecto co pronome tónico da primeira persoa do plural porque as tres letras que o conforman abondan para retratármonos como pobo, como cultura.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...