InicioSociedadeBaixan os contaxios e aumentan os hospitalizados na área de Lugo

Baixan os contaxios e aumentan os hospitalizados na área de Lugo

A área de Lugo-Monforte-A Mariña mostra unha incidencia da COVID do 5,9%, case un punto por encima das recomendacións da OMS, o 5%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os contaxios diarios na área de Lugo-A Mariña-Monforte baixaron durante as últimas 24 horas, con 62 diagnosticados.

Ademais, os datos de Sanidade reflicten que se levan feito en Galicia 797.998 PCR, o que implica que en 24 horas fixéronse 8.327 probas, ao redor de 700 menos que as da xornada anterior. Na área de Lugo-Monforte-A Mariña cunha incidencia do 5,9%, está por encima das recomendacións da OMS, o 5%.

Na área de Lugo repuntan os hospitalizados ata os 57 –seis máis– mentres na UCI non hai novidades e seguen atendendo a seis pacientes.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...