Os resultados das eleccións xerais na provincia de Lugo, co 100% escrutado, deixan o mesmo escenario que nos comicios do pasado mes de abril, cos catro escanos para repartir equitativamente entre PP e PSOE.
Os ‘populares’ gañaron de novo en votos, pero non en escanos, quedando cos mesmos que o PSOE (dous), malia ter os conservadores algo máis dun 6% de votos. Esa é a gran novidade respecto ás anteriores eleccións, cando houbo un empate técnico, co 33,60% para o PP e un 33,22% para os socialistas.
Destacan tamén as subas de máis de dous puntos de BNG e Vox –insuficientes para acadar escano–, a leve baixada dun punto de Unidas Podemos e a desfeita de Ciudadanos, que de ser a cuarta formación pasa agora ao sexto lugar, perdendo case seis puntos.
PARTIDOS | Escanos’10N | Por’10N | Esc’28A | Por’28A |
PP | 2 | 38,13% | 2 | 33,60% |
PSOE | 2 | 31,93% | 2 | 33,22% |
UnidasPodemos(1) | 0 | 9,17% | 0 | 10,14% |
Vox | 0 | 8,12% | 0 | 5,73% |
BNG | 0 | 7,21% | 0 | 4,83% |
Ciudadanos | 0 | 3,20% | 0 | 8,91% |
Respecto das pasadas eleccións, houbo un incremento de seis puntos na abstención e uns 22.000 votantes menos.
COMICIOS | VOTANTES | ABSTENCIÓN% | BRANCOS | NULOS |
10-N | 181.180 | 34,65% | 2.087 | 2.992 |
28-A | 203.751 | 40,95% | 2.320 | 3.753 |