InicioMedioambiente e PatrimonioQueixas por supostos problemas na recollida de lixo en Outeiro de Rei

Queixas por supostos problemas na recollida de lixo en Outeiro de Rei

O BNG municipal ve un "contrasentido" no feito de gastar "ducias de miles de euros" nun servizo que non funciona e que bota por terra os esforzos da poboación que selecciona e separa os residuos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A situación do servizo de recollida selectiva de lixo é motivo de queixa en Outeiro de Rei. O BNG local vén de denunciar que hai “contedores de vidro completamente cheos dende hai varias semanas”, de maneira que a veciñanza se vería obrigada a deixar os seus residuos no chan ou noutro colector que non lle correspondería.

Os nacionalistas lamentan que o concello de Outeiro “non se preocupe por baleirar” os contedores logo de gastar moitos cartos na recollida de lixo selectiva. “Quen mandan son as empresas adxudicatarias e non as necesidades do concello. As adxudicacións fanse polo sistema propio do alcalde e logo ocorren estas cousas, que fan o servizo como e cando lles peta”, conclúe Xosé Ferreiro, voceiro do grupo municipal do BNG.

“De que serve gastar ducias de miles de euros nun servizo de selección e reciclaxe se logo se obriga á veciñanza a tirar o lixo todo xunto porque non se recolle o que foi seleccionado?”, pregúntase Ferreiro, que ve un “contrasentido” neste asunto.

FALTA DE COLECTORES DE PLÁSTICO NO RURAL

Por outra banda, consideran que as deficiencias se estenden alén deste aspecto. Apuntan, por exemplo, á falta de colectores para envases plásticos nos núcleos rurais, a pesar de que “posiblemente sexa o sistema de recollida máis demandado”. Coida que os residuos orgánicos rematan por reciclarse nos hortos e que os papeis e cartóns acaban queimándose para calefacción. Porén, non hai unha saída tan clara para os plásticos e os vidros, polo que é preciso, di Ferreiro, que haxa máis contedores deste tipo.

Por este motivo, o BNG anunciou que presentará unha iniciativa ao Concello para reverter a situación. Tentarán, así mesmo, que se incremente a frecuencia de recollida de lixo nas parroquias do rural.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...