InicioDeportesTito Díaz: "Se o Breogán conta comigo, aquí estou"

Tito Díaz: “Se o Breogán conta comigo, aquí estou”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, foi categórico sobre o seu futuro para a vindeira tempada tralo descenso a LEB Ouro: “Son breoganista. A directiva xa o sabe. Se aquí hai futuro e o Breogán conta comigo, aquí estou”. Tamén engadiu que “quen chegue (debido aos posibles trocos no consello de administración coa ampliación de capital) ten que ter a liberdade para elixir”.

O adestrador lucense lembrou que “os equipos pequenos teñen que traballar moi ben en post-tempada” e “configurar unha boa plantilla”.

Os lucenses pechan a tempada contra San Pablo Burgos este domingo 27 ás 12:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo. “Imos repartir os minutos en pista, todos se merecen xogar”. “Estos xogadores, podo aseguralo, deixárono todo”, comentou. Tamén adiantou a baixa de Salva Arco, que será operado o luns dunha lesión de xeonllo.

Sobre o rival, San Pablo Burgos, comentou que “medrou económicamente” e “xa é un equipo da zona media”.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...