O grupo municipal do Partido Popular levará ao próximo pleno unha proposición para que a corporación local censure á alcaldesa da cidade, Lara Méndez, por “o incumprimento reiterado das proposicións acordadas” en sesión plenaria “durante o actual mandato”.
O portavoz do PP, Antonio Ameijide, criticou que o goberno local, presidido por Lara Méndez, incumprise no últimos catro anos o “90% dos acordos plenarios”, o que supón “unha falta de respecto”.
Nese sentido, denunciou que das 107 propostas aprobadas en pleno desde o inicio do actual mandato a iniciativa do PP, “só cinco foron executadas e noutras seis déronse avances mínimos”.
“Demostra unha alarmante falta de traballo por parte do equipo de Lara Méndez, xa que o goberno local nin sequera abordou os 96 restantes”, precisou.
Tamén criticou que a alcaldesa tomase o camiño “da soberbia e a prepotencia” para gobernar “en minoría absoluta”.