InicioPOLITICAO PSOE de Lugo acusa Candia de “premiar” unha concelleira tránsfuga coa...

O PSOE de Lugo acusa Candia de “premiar” unha concelleira tránsfuga coa comisión do San Froilán

Os socialistas presentan un recurso ao considerar que a nova composición reduce a súa representación e vulnera os principios do Pacto Antitransfuguismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Lugo acusou a alcaldesa, Elena Candia, de utilizar a comisión de festas do San Froilán para “premiar politicamente” unha concelleira tránsfuga. Segundo denunciou o PSOE nunha nota de prensa, a rexedora “recorta a representación democrática” que lle correspondería ao grupo socialista mentres trata de trasladar á cidadanía unha “falsa imaxe de participación e consenso”.

Por este motivo, os socialistas presentaron un recurso de reposición contra o acordo plenario aprobado o pasado xoves no relativo á composición da comisión de festas. O PSOE considera que a decisión vulnera o artigo 73.3 da Lei de Bases de Réxime Local, que incorpora os principios do Pacto Antitransfuguismo, e que “lesiona os dereitos de representación do Grupo Municipal Socialista”.

“NON HAI CONSENSO POSIBLE”

A portavoz socialista, Ana González Abelleira, reprochou ao goberno local que alterase o equilibrio político saído das urnas. “Non hai consenso posible cando o primeiro que fai un goberno é alterar o equilibrio institucional saído das urnas para premiar a tránsfuga. A participación comeza por respectar a representación que decidiron os veciños e as veciñas, non por recortala”, afirmou. González Abelleira cualificou ademais de “venda de fume” o anuncio do goberno municipal de abrir a comisión de festas á participación dos grupos políticos.

DENUNCIAN UNHA REDUCIÓN DA REPRESENTACIÓN SOCIALISTA

Segundo a portavoz do PSOE, o acordo reduce a representación do seu grupo para outorgarlle un posto á exconcelleira socialista, agora non adscrita. Ao seu xuízo, esta decisión “vulnera a lexislación vixente en materia de transfuguismo”, ao mellorar a posición institucional dunha concelleira non adscrita en detrimento do grupo político polo que foi elixida. Os socialistas reclaman, polo tanto, que se revise a composición da comisión e se respecte a representación resultante das eleccións municipais.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba as bases para tramitar as subvencións do exercicio 2025 e do primeiro semestre de 2026

A Xunta de Goberno local de Lugo aprobou, fóra da orde do día, as...

O goberno local de Lugo aproba as bases para tramitar subvencións para o exercicio 2025 e primeiro semestre 2026

A Xunta de Goberno Local aprobou fóra da orde do día as bases...

O BNG de Lugo solicita un pleno extraordinario para “desbloquear máis de 2,7 millóns en facturas bloqueadas con Candia”

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a súa...

O Lugo Music Festival ’26 reúne na cidade música e talento de diferentes estilos e países

Lugo prepárase para vivir, do 18 ao 22 de agosto, unha nova edición do...