InicioPolíticaO PP carga contra a “parálise” da A-56 e o estado "terceiromundista"...

O PP carga contra a “parálise” da A-56 e o estado “terceiromundista” da N-540 entre Lugo e Ourense

Os senadores populares denuncian só 8,8 quilómetros abertos desde 2020 e esixen ao Goberno un calendario real, orzamentos e a rehabilitación urxente da estrada nacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, denunciaron este xoves a “parálise” da autovía Lugo-Ourense (A-56) e o que cualifican como “abandono absoluto” da estrada N-540, principal vía actual de conexión entre ambas cidades.

Non hai calendario, non hai orzamentos e non hai vontade política. O Goberno fala de estudos, de corredores e de revisar proxectos, pero a realidade é que non se avanza absolutamente nada”, criticaron os representantes populares nun comunicado. Segundo trasladaron, desde setembro de 2020 só se puxeron en servizo 8,8 quilómetros da A-56, mentres o resto dos tramos continúan, ao seu xuízo, “bloqueados”, con tramitacións administrativas paralizadas e declaracións de impacto ambiental caducadas.

CRÍTICAS AO ESTADO DA N-540

Os senadores tamén puxeron o foco na situación da estrada N-540, que actualmente soporta todo o tráfico entre Lugo e Ourense. Definiron o seu estado como “terceiromundista”, denunciando a presenza de fochancas, firme degradado e falta de mantemento. “O Goberno de Sánchez condena aos veciños e transportistas a circular por unha estrada que pon seriamente en risco a seguridade viaria”, aseguraron, insistindo en que resulta “inadmisible” que, mentres non avanza a autovía, tampouco se garantan condicións mínimas na vía nacional.

MOCIÓN NO SENADO

Neste contexto, o PP rexistrou unha moción no Senado para reclamar que a A-56 se manteña como autovía de altas prestacións, que o Executivo presente un cronograma real con prazos e orzamentos e que se execute unha rehabilitación integral e urxente da N-540.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...