InicioPolíticaO PP de Lugo pide datos ao Goberno sobre accidentes de circulación...

O PP de Lugo pide datos ao Goberno sobre accidentes de circulación debido ao estado das vías provinciais

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman o arranxo urxente da estrada provincial LU-P-1402, en Cervantes, que se atopa cortada actualmente por desprendementos e o derrubamento do firme causado polas intensas choivas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo enviou unha petición ao Goberno central para coñecer datos sobre os accidentes ocorridos na provincia lucense no últimos dez anos, tanto a cifra como as causas dos mesmos, baixo a sospeita de que o mal estado das estradas sexa a causa dos sinistros viarios.

“Queremos saber se o abandono das infraestruturas por parte do Goberno está a ter consecuencias directas na seguridade viaria dos lucenses”, cuestionaron os populares.

No entanto, responsables da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) manifestaran que non atribuían ningún accidente rexistrado en todo o ano 2025 ao estado das estradas de Lugo, o que sorprendeu aos populares dado o estado das vías que, segundo denuncian os parlamentarios Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades, presentan deficiencias no mantemento, firme deteriorado e sinalización insuficiente.

Así, reclaman á Executivo transparencia e solucións “urxentes”, ademais de esixir investimento que garanta estradas “seguras” e en condicións “adecuadas” para os usuarios.

ARRANXO DA LU-P-1402

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman o arranxo urxente da estrada provincial LU-P-1402, en Cervantes, que se atopa cortada actualmente por desprendementos e o derrubamento do firme causado polas intensas choivas, unha situación que pon de manifesto “o total abandono de PSOE e BNG polo mantemento da rede de estradas provincial nas dúas últimas décadas”.

Os deputados Antonio Ameijide e Jesús Núñez, xunto a voceiro do PP en Cervantes, Óscar Fernández, visitaron a zona afectada polo derrumbe.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, recorda que “esta situación está a provocar graves problemas de comunicación para os veciños”, obrigando incluso aos escolares a percorrer a pé un tramo para acceder ao transporte escolar. Os populares piden unha solución urxente que garanta a posibilidade de circular pola vía para evitar o illamento dos veciños.

Ameijide sinala que o grave deterioro desta e doutras estradas provinciais non é un problema illado senón a consecuencia dun abandono sistemático da rede viaria provincial por parte dos gobernos do PSOE e BNG ao longo de máis de dúas décadas. “Un abandono que queda agora se ve acentuado pola dureza do inverno que estamos a vivir, que provoca danos polo mal estado das infraestruturas”, lamentou.

Os deputados populares “levamos moitos anos reclamando a necesidade de mellorar o mantemento da rede viaria” debido ao mal estado das estradas provinciais en 66 dos 67 concellos da provincia, o que “está crear veciños de primeira e de segunda, así como que moitas das estradas provinciais teñan condicións moi perigosas para a circulación diaria dos veciños”. 

O portavoz popular esixe que a Deputación de Lugo actúe con máxima urxencia para restablecer a seguridade e a normalidade na LU-P-1402 e noutras vías afectadas. “Precísase unha resposta rápida e coordinada, non se pode esperar a que se produzan accidentes ou problemas para acometer os traballos necesarios na rede de estradas que conectan aos veciños dos concellos da provincia”, denunciou. 

O Grupo Provincial Popular reitera a súa demanda dun plan de conservación e mellora continua da rede viaria, dando prioridade a aqueles concellos nos que hai máis anos que non se actúa ou por razóns de urxencia, como é o caso desta estrada en Cervantes ou da ponte caída en Navia. 

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...