InicioPolíticaO PP pedirá a reprobación de Tomé nos plenos da Deputación e...

O PP pedirá a reprobación de Tomé nos plenos da Deputación e dos concellos de Lugo e Monforte

Os populares esixen responsabilidades políticas na Deputación de Lugo e nos concellos de Lugo e Monforte, onde piden a súa dimisión como alcalde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo anunciou que nos próximos plenos da Deputación de Lugo, do Concello de Lugo e do Concello de Monforte de Lemos presentará diferentes mocións para reprobar a José Tomé Roca e esixir responsabilidades políticas “acordes cos gravísimos feitos e as denuncias por presunto acoso sexual”. Desta forma, as iniciativas serán defendidas por Elena Candia, Antonio Ameijide e Katy Varela, portavoces do PP nas respectivas institucións.

Os populares critican a actitude do PSOE e do BNG por permitir que Tomé continúe “aferrado aos seus cargos”, o que, ao seu xuízo, supón unha renuncia aos principios que ambos os partidos din defender. Neste sentido, consideran que se trata dunha situación sen precedentes na provincia, “que esixe explicacións claras, transparencia e unha resposta institucional firme”. O PP de Lugo expresa o seu apoio e solidariedade coas denunciantes e reclama que os feitos se investiguen ata as últimas consecuencias, tanto no ámbito xudicial como no político.

Así, advirten de que calquera intento de minimizar ou ocultar este tipo de situacións lanza unha mensaxe negativa na loita contra a violencia de xénero e dana gravemente a confianza da cidadanía nas institucións. Os populares pregúntanse que poden pensar as mulleres do PSOE ao ver que unha persoa acusada de varios casos de presunto acoso sexual continúa no cargo, e sosteñen que o BNG “terá agora a oportunidade de demostrar se segue apoiando esta situación ou se decide situarse ao lado das vítimas”.

Na Deputación de Lugo e no Concello de Lugo, o PP solicitará a reprobación de José Tomé e dos responsables socialistas que, “segundo diversas informacións, coñeceron as denuncias e non actuaron”. En Monforte de Lemos, o Grupo Municipal Popular pedirá directamente a dimisión de Tomé como alcalde, ao considerar que “a gravidade dos feitos denunciados é incompatible con calquera responsabilidade institucional”. O PP lembrou que “asumir responsabilidades políticas non implica unha condena xudicial, senón unha esixencia ética e democrática para preservar a dignidade das institucións e o respecto ás vítimas”.

ÚLTIMAS

O Goberno financia con case un millón de euros a reforma integral do Concello de Vilalba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes Vilalba para supervisar,...

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu nun armario

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que...

Vilalba vive unha Feira do Capón multitudinaria pese ao frío

Máis de mil persoas participaron este domingo en Vilalba nunha nova edición da Feira...

Alerta amarela por xeadas na montaña lucense

Un dispositivo da Deputación de Lugo, composto por 16 máquinas quitaneves, 8 vehículos de...