InicioPolíticaO Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Goberno local quere converter o inmoble no futuro Museo da Romanización, un proxecto clave para poñer en valor o legado romano da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do antigo cuartel de San Fernando, utilizando a partida de 500.000 euros incluída nos orzamentos autonómicos deste ano. O Goberno local quere que o inmoble se converta no futuro Museo da Romanización de Galicia, un proxecto clave para poñer en valor o legado romano da cidade e reforzar o seu papel como referente cultural e patrimonial na comunidade.

A portavoz do PSOE no goberno local, Ana González Abelleira, lamentou que esta infraestrutura leve máis de dez anos pendente e denunciou a falta de coordinación política para sacar adiante un proxecto con fondos xa aprobados. A edil criticou tamén o contraste co investimento de máis de 17 millóns de euros no Pazo de Lourizán, en Pontevedra, destacando a disparidade e a “discriminación” cara á cidade de Lugo.

Por outra banda, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, instou á Xunta a acelerar os traballos na Catedral de Lugo, que levan desde febreiro, para que a praza de Santa María estea dispoñible de cara ás festas de San Froilán. O proxecto, con un orzamento de 451.001,94 euros, céntrase na reparación de humidades na cabeceira do templo, e Ferreiro subliñou a necesidade de garantir que as obras non comprometan as celebracións patronais.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...