InicioPolíticaO PP de Lugo levará á Valedora do Pobo o "veto" a...

O PP de Lugo levará á Valedora do Pobo o “veto” a dúas das súas concelleiras na Feira da Milagrosa

PUBLICADA O

- Advertisement -

As concelleiras do PP de Lugo Mar Carballas e Flor Rubinos presentarán ante a valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, unha petición de amparo na que reclaman a “protección dos seus dereitos políticos e institucionais” despois de que “se lles impedise a asistencia ao pregón” da ‘Feira de produtos do campo e artesanía da Milagrosa’.

A portavoz dos populares de Lugo, Elena Candia, trasladou este paso nunha comparecencia na que lamentou “a complicidade do PSOE neste incidente”. “A inacción de socialistas e nacionalistas lévanos a pedir o amparo da Valedora: o que ocorreu é inadmisible nunha democracia, fomenta o odio, a división e rompe coa convivencia e marca un precedente que nunca debería producirse”, esgrimiu.

Candia lembrou que a denegación dun acceso a un local por pertencer a un partido político “vulnera o dereito fundamental de participación en asuntos públicos”, tal e como se recolle no artigo 23 da Constitución Española, así como noutras normativas. Engaden os populares que “o delito de odio está tipificado no artigo 510 no Código Penal”.

“SILENCIO CÓMPLICE”

Os populares lamentaron que socialistas e nacionalistas, lonxe de condenar “esta práctica excluínte”, foméntana ” co seu silencio”. “Nin o PSOE, nin o alcalde, Miguel Fernández, nin o BNG, trasladaron nin unha soa mensaxe de apoio as afectadas”, afean os populares. “O alcalde, a pesar de presumir de dialogante, mostrou o seu verdadeiro talante porque o silencio é tamén unha forma de complicidade”, esgrime o PP, que esixe “unha reacción contundente” do rexedor.

“O que ocorreu provoca indignación e repulsa: hoxe foron dúas concelleiras, pero mañá podería ser calquera”, espetou Candia, antes de concluír: “Se eu estivese no lugar de calquera dos cargos socialistas que alí asistiron, tentaría mediar”.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...