Xa vexo que tes moitos papeis enriba da mesa. E iso?
(Ri) Depende de por onde me ataques.
Pois por agora non che vou a atacar. Vou deixar que me contes?
(Ri), carallo, que sorpresa.
A ver, os orzamentos da deputación deste ano soben un 13%. E iso a que é debido? Principalmente por esa necesidade de aumentar unha área como é Asuntos Sociais que, efectivamente, hai unha problemática importante nas provincias do interior, principalmente, co envellecemento e os servicios ao maior.
Ese é un dos piares do teu goberno, pero hai máis?
Evidentemente, nos temos catro pilares desde que estamos gobernando, polo menos, este equipo de goberno desde que presido eu. A política social é unha delas.
Por que?
Porque pretendemos chegar a onde non chega a Xunta de Galicia, que nin está, nin se lle espera, nin ten intención de chegar…Son os consellos máis pequenos, máis rurais, e onde o interese privado non vai porque non é rendible. Por iso hai que botar unha man a esas personas, maiores, envellecidas, para que se manteñan no territorio e vivan alí onde viviron sempre, cos seus veciños. Por iso temos, digamos, ese, compromiso social donde ademais, agora mesmo temos en marcha nove residencias e temos tres máis en construción que espero que estean acabadas neste mandato. Son as de Guitiriz, A Pontenova e Pobra do Brollón, ata chegar ás dezaoito que é o noso compromiso da rede provincial de residencias. As outras seis, digamos, están en fase de proxecto ou de expropiación de terreo… O noso compromiso está aí, existe.
E que pasa entón coa residencia de Becerreá?
Ese edificio é tres veces o modelo de residencias que temos nós, en torno a 100 plazas, co que foxe do noso modelo. É unha especie de macroresidencia que impediría facer outras tres, porque o diñeiro é finito.
De aí entón a súa privatización e que non sexa unha gran residencia comarcal?
E que se fora comarcal, entón non poderíamos ter a residencia de Navia, nin a de Cervantes que vamos facer, nin a de Pedrafita que está funcionando. Teríamos a comarcal. Iso foi unha faraonada entre Manolo Martínez e el PP no seu día.
Pero agora tes aí a Manolo Martínez cabreado?
Bueno, Manolo Martínez pode estar cabreado con quen queira. Iso é froito dos seus lodos. Se fixera unha residencia en pizarra, como a de calquer outro cidadán, aseguroche que isto non pasaba.
Pero ti sabes que con esa actitude Manolo Martínez non vai a volver ao redil?
Non esperamos por el, tampouco. El saberá o que fai. Cada un, na vida, ten que ser, moi responsable do que fai. O que non podes pensar é que o mundo xira en torno a el. O mundo non xira en torno a ninguén. Tampouco en torno a min. O mundo xira, como xira, e, ás veces gusta, e outras non nos gusta. Pero o que non se pode é tomar decisións faraónicas pensando só no teu ben e, aos demais que lles dean. Porque claro, cando se pensa en facer iso, non se pensa en avanzar noutras obras en Cervantes ou Portomarín. E aí deixou un edificio sen luz e condicionado pola Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
Manolo Martínez pode estar cabreado con quen queira. Iso é froito dos seus lodos
Voltemos a eses piares da túa lexislatura? Si, outro tema fundamental é a cooperación cos concellos. Debemos ser a deputación que máis colabora cos concellos. Logo, o tema da mobilidade. Hai que saber que temos a maior rede de estradas do Estado dunha deputación provincial, 4.000 quilómetros. Aínda fai uns días este chaval que ten o PPdeG aquí de portavoz –Ameijide– , que no plano persoal, aprecio, pero políticamente aínda precisa dunhas primaveras. Non fixo aínda a mili, non digo a mili física, senón a mili da vida. Anda facendo fotos no Concello de Xove, do Vicedo, de Carballedo co tema dos baches. Nós levamos feitos o maior esforzo que se pode facer desde unha deputación en inversión en estradas. Mesmo estamos pagando un crédito que se pediu no mandato anterior, no 17 ou por aí, precisamente cando Manuel Martínez estaba en Estradas, que pediu un crédito de 10 millóns de euros que o repartiu como el quixo e xa o estamos amortizando. E, aínda así, xa este ano arranxamos máis de 80 estradas. E nunha segunda fase destinaremos 3 millóns máis, para chegar aos 15 millóns. Isto é bestial, e se lle sumas o tema de conservación, para inverno, sal, bacheos e tal, desbroces, estamos en case 30 millóns. E, con todo, aumentamos nos orzamentos. Ese é o maior esforzo que nunca se fixo na Deputación de Lugo desde logo. Para a nosa mobilidade é un tema moi importante. Obviamente non damos chegado aos 4.000 quilómetros porque precisariamos 60.000 mil euros mínimo por quilómetro tendo en conta que as vías anchas, de 9 metros, o orzamento vai a 100.000 euros por quilómetro e nas de 4 metros a 50.000. E, con todo, estamos nos 300 millóns de euros, é dicir, o orzamento de tres anos para reparar todas as carreteras…
E o último piar?
Si, o último son os sectores productivos. Colaboramos coa USC para impulsar o ámbito gandeiro. A través da Granxa Galloso fixemos que os futuros agrónomos e veterinarios vaian facer prácticas no que é un laboratorio vivo con gando real porque alí hai 70 vacas a súa disposición. Investimos nun novo edificio que vai ter formación, un centro de recuperación da raza galega, do porco celta… Para nós, o sector primario é moi importante e por iso é importante facer un bo traballo de cooperación cos setores primarios.

Comentabas antes do actual portavoz na deputación que aínda lle falta mili. E que tal coa anterior, con Elena Candia?
Políticamente ela é mellor que o actual.
Pero tiveches aí un tirapuxa con ela a conta dun vestido que levaba un día…
Iso todo foi manipulado totalmente. Eu quixen dicir que levaba un traxe moi parecido a un deses fans de Trump que asaltou o Capitolio, un que levaba como un abrigo de visón e uns cornos –refírese a Jacob Chansley, o chamán de Qanon, condenado por estes feitos–. Non quería insultala. Só quixen dicir que a roupa que levaba pareciase a daquel indio americano que entrou no Capitolio.
Cónstame que falaches con ela persoalmente desta polémica? Si, si, claro.
E que tal?
No formal temos boa relación, no sentido de que sempre nos saudamos cando imos a un sitio, a un acto.
E políticamente?
Bueno, eu creo que non hai color, no sentido de que, este -Ameijide–, é, pois… En fin, que fomos empeorando. Pasamos da señora Candia, ao señor Castiñeira e agora a Meijide. Imos costa abaixo. A min gústame debatir con xente que debata de política non que vaia ao bache, a foto, ao Youtube, Facebook ou Instagram. O que fai é da autopromoción e facer turismo pola provincia para tratar de ter os contactos cos alcaldes e cos portavoces.
“No PP en Lugo fomos empeorando. Pasamos da señora Candia, ao señor Castiñeira e agora a Meijide. Imos costa abaixo”
Quere ir por libre sen ter en conta a Elena Candia?
A min o que me chega é que é unha relación mellorable a que teñen entón, bueno, trata de ter a súa parroquia. Pero iso xa é unha cuestión interna e el trata de vender eso como que está traballando para a Deputación, pero está traballando para si mesmo.
Pero está claro que o PP quere a provincia de Lugo. Vexo moita actividade de Elena Candia, dos deputados no Congreso, no Senado, da Xunta…
Eu creo que o seu obxectivo desde que entrou en política é Lugo, non tanto, Santiago, que eu creo que non é a aspiración dela. Eu creo que Santiago a distrae, non moito, porque tamén lle gusta estar no púlpito da Vicepresidencia do Parlamento. Así ten unha proxección en medios, coche oficial, persoal que pode traballar ao seu cargo e iso, por tanto, a beneficia. Se estivera só de portavoz no Concello de Lugo non tiña todos eses medios. Por tanto é de autopromoción. É certo que ela ten unha aspiración que é a alcaldía de Lugo e a Deputación de Lugo. Pero vaino ter difícil porque tanto a difunta Paula, que conectaba moi ben cos lucenses, como agora Miguel, que coñece moi ben o concello, non llelo van permitir.
Pero ti es consciente de que os deputados provinciais do partido provincial de Lugo son moi importante para acadar a deputación? Claro. Elíxense 12 deputados, a metade menos un de todos os da provincia.
Por iso é tan importante a Alcaldía de Lugo. E logo do tráxico suceso con Paula, chegou Miguel. Hai quen di que ti non o querías no concello?
Quen escribiu iso non ten nin idea do que pasa dentro.
E que Miguel xa foi, digamos, sacrificado, cando se eleixiu a Paula para suceder a Lara Méndez…
Certo, Miguel renunciou despois dunha conversación que tivo comigo e con outras persoas. Non vou a dicir nomes, pero o propio Miguel recoñeceu naquel momento que, posiblemente, Paula tivera unha proxección política que podía beneficiar ao todo o conxunto do grupo socialista. E co do concello pasou o mesmo. Todos tiveron un comportamento exquisito. Primeiro tiveron unha reunión eles sós –os concelleiros socialistas–, onde, bueno, falaron do grupo, lóxicamente, e logo citeinos eu a unha reunión, de todos, para falar abertamente sen ningún tipo de cortapisa para chegar a un acordo, que foi o que pasou.
Houbo quen dixo que chegabas con Mauricio Repetto a esa xuntanza…
Se entramos xuntos foi porque aparcamos case ao carón e entramos xuntos. Foi coincidencia absoluta. Eu insisto, creo que o sucesor natural de Paula era Miguel e había case unanimidade. Dos oito edís, seis ou sete dicían isto. Por iso, despois desa conversa concluimos que, efectivamente, Miguel, era a mellor opción… Un home de consenso, un home tranquilo, que ten experiencia, que coñece a cidade. Como todos estabamos de acordo, pois, nada, para adiante e o poñemos por escrito.
Como é iso de poñelo por escrito?
Porque eu xa teño algunha experiencia e o mellor é facer este tipo de cousas.
E que quizais, senón o facedes, pasa o de Santiago, que é un cristo o do grupo municipal?
Efectivamente, entón eu creo que se fixo ben, máis alá da ilusión que poida ter calquera compañeiro. Estou de acordo en asinar e que sexa Miguel que é unha persoa, dialogante, con bo talante, co que se pode chegar a acordos e, por tanto, non creo que sexa moi difícil a acción de goberno dos grupos… Eu non contei ni falei con ninguén, ni nada de nada. Non quero o protagonismo.
En todo caso, entenderás que entras nunha xuntanza que dura dúas horas e que pode haber situacións de tensión?
Como en todas as reunións. É unha pena que non estivera gravada, que non está, polo menos eu non a teño gravada. Eu o que estiven é orientando. Esa foi básicamente a miña labor. Non houbo imposición.
E houbo intervención da dirección galega?.
Para nada, non interviu para nada. Iso foi un proceso lucense. Totalmente lucense, totalmente lucense.