InicioPolíticaO PP de Lugo reclamará ao Goberno desde os plenos a falta...

O PP de Lugo reclamará ao Goberno desde os plenos a falta de médicos en Atención Primaria

Así o avanzou a presidenta provincial do PP, Elena Candia, que, acompañada do portavoz e os deputados do prupo provincial, senadores, alcaldes e portavoces, presentou esta iniciativa nunha rolda de prensa este xoves

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo levará aos plenos municipais da provincia iniciativas para reclamar ao Goberno que atalle a falta de médicos de atención primaria, un “problema que afecta a toda a sociedade”.

Así o avanzou a presidenta provincial do PP, Elena Candia, que, acompañada do portavoz e os deputados do prupo provincial, senadores, alcaldes e portavoces, presentou esta iniciativa nunha rolda de prensa este xoves.

Desta forma, os populares reclamarán a través destes textos que o Goberno central “axilice a homologación dos títulos dos profesionais sanitarios”, incorpore “de inmediato” as novas prazas acreditadas á oferta formativa e “acelere” a implantación da especialidade de médico de urxencias.

Elena Candia acusou ao Executivo estatal que preside Pedro Sánchez de “deixar sen efecto as solucións acordadas” coas comunidades autonómas que foron alcanzadas, di, en 2018 co goberno do popular Mariano Rajoy.

“É o Goberno do Estado o que ten a responsabilidade nesta materia. No últimos sete anos, coñecemos ata seis ministros de Sanidade e ningunha vontade política por parte do partido socialista en pór solución a unha problemática que afecta a todo o país e á saúde da xente”, sinalou o portavoz provincial Antonio Ameijide.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...