InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo levará unha moción ao pleno da Deputación para...

O PP de Lugo levará unha moción ao pleno da Deputación para que o Goberno tome medidas sobre Alcoa

Os deputados do PP ven necesario que o Executivo central consigne "os 74 millóns de euros correspondentes ás compensacións da compra dos dereitos de emisión de CO2 indirecto que non percibiu entre os anos 2018 e 2021"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do PP de Lugo defenderá no pleno deste martes da Deputación unha moción de urxencia para que o Goberno central tome medidas concretas para garantir a viabilidade de Alcoa.

“Non valoramos outro escenario que a unanimidade do pleno, xa que é un problema que nos afecta a toda a provincia, non só á Mariña”, sinalaron os populares nunha nota de prensa.

Para os deputados do PP, urxe que o Ministerio de Industria convoque a mesa de seguimento de Alcoa San Cibrao, así como a autorización dos parques eólicos vinculados á produción de enerxía para a factoría a prezos competitivos.

Así mesmo, tamén ven necesario que o Executivo central consigne “os 74 millóns de euros correspondentes ás compensacións da compra dos dereitos de emisión de CO2 indirecto que non percibiu entre os anos 2018 e 2021” e o “aumento da dotación orzamentaria ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea para compensar os custos indirectos por CO2 da industria electrointensiva”.

Doutra banda, no pleno deste martes o PP defenderá unha batería de 50 medidas “para incorporalas ás contas provinciais do próximo ano”. Así, “ante a falta dun borrador de orzamentos”, os populares sinalaron que fixeron “o que non fai nin PSOE nin BNG, sentar cos alcaldes e portavoces dos 67 concellos da provincia para coñecer as súas necesidades e reivindicacións”.

Ademais, preguntarán ao goberno provincial que vai facer cos bens inventariados e depositados na nave de Begonte e que, na súa opinión, “deberíanse de pór a disposición de todos os municipios da provincia que os soliciten”, así como a que van destinar parte da liquidación dos tributos do Estado do ano 2022 “que aínda non consignaron”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...