InicioMedioambiente e PatrimonioLara Méndez reprocha á Xunta "falta de atención" nas tarefas de mantemento...

Lara Méndez reprocha á Xunta “falta de atención” nas tarefas de mantemento da muralla

Reprocha que "non é de recibo que na época estival, coa maior afluencia de xente, atopemos a Muralla no estado no que a estamos vendo", indica, en alusión, entre outras cuestións, á vexetación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada socialista lucense Lara Méndez denunciou hoxe a situación da muralla de Lugo “pola falta de tarefas de limpeza e mantemento, que competen á Xunta de Galicia ao tratarse dun ben patrimonio mundial”. Así o asegura nun comunicado no que avanza que rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que reclama ao Goberno galego que lle preste ao monumento “a atención que precisa”.

Méndez sinala que a Muralla é un dos principais motivos polos que a cidade de Lugo se converteu nun referente turístico nos últimos anos, pero sostén que o “estado lamentable no que se atopa a día de hoxe dá moi mala imaxe, tanto da cidade como de Galicia, porque se trata dun dos únicos catro bens galegos que contan co recoñecemento da Unesco“.

“Demandamos da Xunta unha mellor planificación”, explica a parlamentaria socialista, que, aínda que recoñece que Lugo conta cun turismo relativamente “desestacionalizado”, engade que “non é de recibo que na época estival, coa maior afluencia de xente, atopemos a Muralla no estado no que a estamos vendo”, indica, en alusión, entre outras cuestións, á vexetación.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...