InicioPolíticaA concelleira de Cultura de Vilalba, Tamara Rodríguez, renunciará á súa acta...

A concelleira de Cultura de Vilalba, Tamara Rodríguez, renunciará á súa acta “por motivos de conciliación laboral e familiar”

Farao tras as festas de San Ramón e Santa María, que se levan a cabo a principios do mes de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura do Concello de Vilalba, Tamara Rodríguez, renunciará á súa acta tras as festas de San Ramón e Santa María, que se levan a cabo a principios do mes de setembro. Tal como anunciou Vilalba Aberta nun comunicado, esta decisión está vinculada a “motivos de conciliación laboral e familiar”.

“Apoiamos e comprendemos con todo a dor do noso corazón os motivos polos cales Tamara toma esta decisión”, declarou o portavoz municipal e vicealcalde, Modesto Renda, que indicou que ás súas responsabilidades de goberno, Rodríguez tamén sumaba as que tiña como traballadora autónoma á fronte dun negocio e as de nai.

Precisamente Tamara Rodríguez agradeceu a confianza e o agarimo dos seus compañeiros, explicando que a súa renuncia non se fará efectiva ata despois das festas. Aí, deixará o seu lugar ao número catro de Vilalba Aberta e actual coordinadora xeral da formación, Mónica González, que non só asumirá o posto como edil, senón tamén as responsabilidades de Cultura.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...