InicioPolíticaA Deputación de Lugo aproba a entrega do novo polígono industrial de...

A Deputación de Lugo aproba a entrega do novo polígono industrial de Cospeito e a ampliación dos hortos urbanos do río Rato

Ve na renuncia de Besteiro á súa acta no Congreso unha mostra do seu "compromiso" con Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación anunciou este venres a aprobación do “último paso administrativo” para a entrega ao Concello de Cospeito do seu novo polígono industrial, completado cun investimento total da institución provincial de “1,3 millóns de euros”.

Con todos os traballos de urbanización comprometidos pola Deputación finalizados, a Xunta de Goberno provincial fixou para o próximo 8 de marzo a data para a firma da acta de recepción da nova infraestrutura por parte do municipio.

Unha infraestrutura chamada a fortalecer, resaltou Pilar García Porto, o “tecido industrial” da localidade e coa que poder “atraer novas actividades empresariais” ao municipio. Na reunión ordinaria da Xunta de Goberno deste venres procedeuse tamén á aprobación da ampliación, por un período de dous anos, das “autorizacións de uso dos hortos urbanos” do río Rato a aqueles usuarios a quen se lles acababa o período de concesión, é dicir, a 21 dos 135 que fan uso actualmente das citadas parcelas públicas.

BESTEIRO

Por outra banda, a portavoz socialista da Deputación Provincial, Pilar García Porto, asegurou este venres en Lugo, tras a celebración da reunión ordinaria da Xunta de Goberno, que a renuncia de José Ramón Gómez Besteiro á súa acta de deputado no Congreso para centrarse no seu labor como parlamentario na Cámara galega é unha “evidencia” do seu “compromiso con Galicia e co socialismo galego”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...