InicioPolíticaA Deputación de Lugo investirá máis de 1,2 millóns para mellorar tres...

A Deputación de Lugo investirá máis de 1,2 millóns para mellorar tres estradas provinciais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres investimentos de máis de 1,2 millóns de euros para mellorar tres estradas da rede provincial. En concreto, tal como informou a portavoz socialista, Pilar García, o ente local licitou unha obra para acondicionar un novo tramo do Cinto Comarcal ao seu paso polos concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte; o inicio da LU-P-1702 que conecta Cospeito Feira do Monte e Fontefría; e un tramo da LU-P-2913 que comunica Lugo e Guntín.

Así, o investimento na renovación do firme da LU-P-1611, coñecida como Cinto Comercal, ascende a 900.000 euros. Ademais, destinaranse 112.000 euros a rehabilitar o firme na LU-P-1702 e outros 240.000 euros á LU-P-2913.

CONTRATOS

A xunta de goberno tamén aprobou o Plan Anual de Contratación para este 2024, prevendo sacar adiante contratos por un importe total que supera os 33 millóns de euros, “unha cifra, en todo caso, estimativa”, explicou a Deputación nun comunicado.

Pilar García tamén informou da licitación, por máis de 1,3 millóns, de catro lotes para a subministración de servizos e equipamentos tecnolóxicos que a Deputación proporcionará de forma gratuíta aos 52 concellos da provincia que decidiron adherirse ao programa Impulsa TIC.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...