InicioEconomíaA Xunta advirte do "futuro incerto" do proxecto de Altri en Palas...

A Xunta advirte do “futuro incerto” do proxecto de Altri en Palas por falta de concreción de axudas

Lorenzana defende que Consumo asesorou aos afectados polo voo no que Air Nostrum 'coou' ao Sevilla en Vigo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta advertiu do “futuro incerto” do proxecto da compañía portuguesa Altri para crear unha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei ante a “falta de certezas” sobre os fondos europeos de recuperación dos que poden beneficiarse. Sinalouno a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, en resposta a unha pregunta da deputada do PP Elena Candia durante o pleno do Parlamento de Galicia celebrado este mércores.

“A día de hoxe faltan certezas sobre os apoios económicos e as axudas que vai ter este proxecto”, sinalou Lorenzana despois de incidir en que o de Altri para Palas é unha iniciativa “de primeiro nivel internacional” que, di, “está absolutamente aliñada” cos obxectivos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia que canalizan en España os fondos europeos Next Generation.

Despois de lembrar que a promesa de Altri é investir máis de 900 millóns de euros e a creación de máis de 2.500 traballo, a responsable da área económica no Goberno galego defendeu que a Xunta “fixo os deberes” en tarefas de asesoramento á empresa e que o estudo de impacto ambiental será sometido a información pública “nas próximas semanas”.

Así pois, Lorenzana manifestou que espera que o novo ministro con responsabilidades en Industra, Jordi Hereu, ofreza “máis facilicidades que os seus predecesores” e “cumpra” as promesas “de boa fe” que realizan “no nome de Moncloa” de face a mellorar a chegada de fondos europeos aos proxectos que optan a Pertes e outros mecanismos.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...