InicioPolíticaO alcalde de Cospeito será deputado provincial do PP polo partido xudicial...

O alcalde de Cospeito será deputado provincial do PP polo partido xudicial de Vilalba

Ademais, os rexedores do Incio e Triacastela está previsto que se incorporen ao longo do mandato, rotando con Carmen José López e Jesús Manuel Núñez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por outra banda, o PP tamén avanza na configuración do seu grupo na Deputación de Lugo coa elección do alcalde de Cospeito, Armando Castosa, como deputado provincial polo partido xudicial de Vilalba.

O mércores, o PP lucense tamén facía público o seis deputados que lle corresponden do partido xudicial da capital: Carmen José López (portavoz do PP en Sarria), Antonio Ameijide (edil en Lugo); e os rexedores José Pardo Lombao (Outeiro de Rei) Francisco Javier Balado (Castro de Rei), José Ángel Santos (Friol) e Jesús Manuel Núñez (As Nogais). Suplentes serán Héctor Corujo (O Incio), Olga Iglesias (Triacastela) e María José Gómez (Guntín).

Ademais, os rexedores do Incio e Triacastela está previsto que se incorporen ao longo do mandato, rotando con Carmen José López e Jesús Manuel Núñez.

A nova corporación da Deputación de Lugo constituirase o próximo 30 de xuño e espérase que volva ser elixido presidente o socialista José Tomé, quen gobernou o últimos catro anos en coalición co BNG.

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...