InicioPolíticaO PSOE de Monterroso insta a Antonio Gato a apartarse para evitar...

O PSOE de Monterroso insta a Antonio Gato a apartarse para evitar un goberno do PP

Membros da agrupación consideran "malísimos" os resultados do 28M e piden "esquecerse de personalismos" para conseguir o apoio de BNG e PG

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE do municipio lucense de Monterroso, reunido en asemblea este domingo, acordou pedir ao seu candidato á alcaldía, Antonio Gato, que se aparte para que os socialistas poidan negociar un goberno co Partido Galego e o BNG e evitar que goberne o PP, a lista máis votada nas pasadas eleccións do 28 de maio. Mentres, Gato rexeita dar un paso ao carón e confirma que o 17 de xuño estará no Concello para recoller a súa acta de concelleiro.

GATO CONFIRMA QUE RECOLLERÁ A ACTA

Pola súa banda, o que fose alcalde do municipio lucense, Antonio Gato, en declaracións a Europa Press, manifestou que “non hai ningunha circunstancia” que lle impida estar na corporación. “O que crea que eu non vou ir o día 17 a coller a miña acta de concelleira está moi equivocado”, sentenza, tras lembrar que, aínda que agora non é militante do PSOE, si pertenceu ao partido durante 45 anos.

Neste contexto, Gato non cre que deba apartarse para que os socialistas poidan dialogar co Partido Galego e co Bloque. “Iso xa o fixen eu aos dous ou tres días das eleccións. Aínda estou a esperar pola resposta”, asegura.

O BNG MANTÉN O ‘NON’ A GATO

Mentres, o BNG mantén a idea defendida en campaña de non apoiar a investidura de Antonio Gato, porque cren que “non é o futuro” e non é “nin unha cara nova, nin aire fresco e renovación”. Por iso, o candidato do Bloque, Brais Vázquez, considera que a solución pasa por “outro alcaldable” do PSOE. Con todo, apunta que “quedan moitas cousas por falar” e os nacionalistas queren negociar como sería o seu apoio.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...