InicioPolíticaLara Méndez manterá a alcaldía de Lugo pola mínima

Lara Méndez manterá a alcaldía de Lugo pola mínima

Reivindica que os lugueses "deixaron claro que queren que siga habendo un goberno progresista".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo seguirá tendo alcaldesa socialista, aínda que por moi pouco, tras estar o PP de Elena Candia ás portas da maioría absoluta. A candidata á reelección, Lara Méndez, mostrou a súa satisfacción polo resultado das eleccións deste domingo, que a deixa en disposición de continuar á fronte do goberno municipal coa reedición do pacto entre socialistas e o BNG, forzas que calcan o seu resultado en edís obtido en 2019.

Os lugueses falaron claro e deixaron claro que queren que siga habendo un goberno progresista“, aseverou Méndez nunha comparecencia de prensa na que estivo acompañada por membros da súa candidatura, que obtivo oito edís polos 5 de BNG e os 12 do PP, que queda ao bordo da maioría absoluta.

Méndez considerou que o resultado deste domingo é o recoñecemento ao desempeño do goberno no últimos catro anos nos que socialistas e BNG compartiron un goberno que podería reeditarse a partir destas eleccións”. Os lugueses queren que encabece eu ese novo modelo de cidade”, proclamou Méndez, que remarcou que a “segunda transformación” de Lugo “é imparable” coa continuidade dos socialista s nun goberno que ocupan desde hai 24 anos.

ELENA CANDIA (PP)

Pola súa banda, a candidata popular Elena Candia convidou aos populares de Lugo a manter “a cabeza moi alta” tras lograr ser a forza máis votada e quedar a un edil da maioría absoluta.

Hoxe temos que dicir que gañamos e estamos a disposición dos lucenses“, proclamou despois de agradecer a implicación de “todos os participantes” na campaña, que concluíu cunha subida de dous edís do PP no Concello de Lugo.

ÚLTIMAS

A Deputación acusa á Xunta de “atrasar” a protección da Torre de Caldaloba

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro,...

“Sempre estiven metido en comisións de festas e organizando eventos dende adolescente”, Daniel Veiga, ‘Plenario’

Daniel Veiga cóntanos que é da aldea de Vilaouruz, na Pontenova, aínda que é popularmente...

Presentación ao vivo de ‘Alvela’, novo disco de Faia, en Lugo

FAIA presentará ao vivo Alvela este 2 de maio en Lugo. A partir das 20.30...

Cortes de tráfico na ligazón entre a A-6 e a A-8 en Baamonte a partir do luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará a partir deste luns, 5 de...