InicioPolíticaJosé Tomé tras fichar o PPdeG ao fillo do acalde de Samos:...

José Tomé tras fichar o PPdeG ao fillo do acalde de Samos: “Fomentan o trasfuguismo”

"Unha familia debe de pensar que Samos lle pertence, que son os donos do concello", denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG en Lugo, José Tomé, acusou ao PP de “estar a volver ás andadas” e “estar a fomentar o transfuguismo”. “Está a comprar vontades, neste caso, de persoas que, evidentemente, parece que non tiñan unha ideoloxía moi clara, porque se fose así non farían o que fixeron”, manifestou.

Díxoo en declaracións aos medios despois de que o PP fichase a Miguel Gallego, fillo do actual alcalde, Julio Gallego, que é rexedor baixo as siglas do PSdeG e que en días pasados fixo súas as vitorias á marxe do partido ao que pertence e dixo que apoiaría ao seu fillo.

Así, a preguntas dos xornalistas, Tomé foi moi crítico cunha forma de entender a política na que “unha familia debe de pensar que Samos lle pertence, que son os donos do concello”. “O avó foi alcalde co Partido Popular, o pai co PSOE e agora parece que o fillo ten intención de ser polo PP. Eu espero que iso non sexa unha realidade, porque iso iría en detrimento dos veciños de Samos”, manifestou.

O líder socialista sinalou que “isto non é unha dinastía” e proclamou que “Samos é dos veciños de Samos”. Así, insistiu en “mirar cara adiante” e asegurou que van presentar “a un candidato gañador, cun proxecto de futuro, pensado para todos os veciños, porque é preciso deixar atrás este pesadelo de usar Samos para beneficios dunha determinada familia”.

Preguntado pola baixa no PSOE de Julio Gallego, Tomé ratificou que deixou de pagar as cotas, pero non solicitou a baixa voluntaria. “Supoño que quererá seguir sendo alcalde ata as eleccións para seguir cobrando o seu soldo estes meses, porque outro obxectivo non ten”, deduciu, antes de dubidar de que, neste tres meses que quedan ata as eleccións, vaia a “facer grandes políticas”.

CANDIDATO NÚMERO DOUS DA LISTA

Mentres, o candidato do PP á Alcaldía de Samos, Miguel Gallego, incorporou como número dous da lista ao actual presidente local, Martín Chaos Carballo, no marco de “deseñar o equipo” que o acompañará na lista do 28 de maio. Respecto diso, nun comunicado, sinala que se trata “dun bo perfil para lograr o obxectivo de gobernar” o concello e ten “experiencia de partido”, debido a que é o dirixente da formación desde 2009.

Chaos Carballo ten 45 anos, un factor, o da idade, que para Gallego “é importante”. Está vinculado ao sector da extinción de incendios. “Creo que formamos un bo equipo e que, sen dúbida, temos que seguir ampliando e traballando para alcanzar a gobernabilidade”.

Miguel Gallego ten 25 anos e é o terceiro candidato máis novo tanto da provincia como de toda Galicia. Por iso, aumentar a base do partido tamén é outro dos retos que asume como alcaldable, pero “sobre todo, como persoa de partido” que se declara que é.

Samos é un municipio cunha alta porcentaxe de despoboamento. Creo que temos que ser nós, os máis novos, os que nos impliquemos para atraer servizos e prestacións que aumenten o valor económico que xa nos dá ser lugar de paso do Camiño Francés e, en consecuencia, máis novas que decidan emprender aquí”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...