InicioPolíticaXosé López Orozco acusa a Elena Candia de ser a responsable do...

Xosé López Orozco acusa a Elena Candia de ser a responsable do xuízo de Besteiro cunha denuncia “anónima”

O ex alcalde de Lugo di que "Besteiro" ten futuro na política galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, asegurou este venres que José Ramón Gómez Besteiro “ten futuro” na política tras coñecerse o arquivo da Operación Pulpo, con Besteiro presidindo a deputación de Lugo e como secretario xeral dos socialistas galegos.

Orozco describe ao ex secretario xeral “como unha persoa nova e con experiencia”. “Xa o dixo o actual secretario xeral, Valentín González Formoso, que só está á espera do que queira”, comenta. “Ten futuro”, presaxia finalmente.

O ex alcalde de Lugo apuntou ademais que tanto el, con dez desimputacións, como José Ramón Gómez Besteiro, pasaron por un proceso “kafkiano”. Orozco, que foi o padriño político de Besteiro, non dubidou en certificar que este proceso e outros lles custou a ambos as súas “carreiras políticas”. “Despois de ver o que din os medios de comunicación, sobre o que di a actual xuíza que decretou o arquivo, despois dunha instrución chea de cousas raras, como pasou comigo. Era innecesario chegar a este momento”, queixouse.

Sobre Besteiro pormenorizou que a investigación “nace dun anónimo que manda á xuíza a xefa da oposición na Deputación (en 2016) e que quere ser agora alcaldesa de Lugo“, en alusión á popular Elena Candia.

“Se recibes un anónimo tes que pensar que dano podes facer en algo que pode ser totalmente falso. Se inicias unha instrución dun anónimo, o mesmo”, sentenciou. No seu caso, Orozco acreditou que “había máis de oitenta anónimos”, pero céntrase nun que “era de risa”. En ambos os casos, víronse afectados por instrucións da ex xuíza do xulgado un, Pilar de Lara, que foi apartada dos xulgados de Lugo por dilacións indebidas e agora exerce en Ponferrada.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...