InicioPolíticaArquivada provisionalmente a última causa pendente de Besteiro

Arquivada provisionalmente a última causa pendente de Besteiro

A xuíza esgrime que "non puido constatarse indicio algún racional de criminalidade" na 'Operación Pulpo'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ‘Operación Pulpo’, que investigaba supostas adxudicacións ilícitas realizadas no marco do ‘Programa KM0’ da Deputación de Lugo constituía a última causa xudicial que tiña pendente José Ramón Gómez Besteiro, o que fora secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, foi arquivada provisionalmente e coa directriz de cesar calquera medida cautelar vinculada.

Besteiro apartouse da primeira liña política en marzo de 2016, unha semana despois de que a xuíza Pilar de Lara (quen abriu o ‘Pulpo’ en 2013) decidise investigalo por seis delitos en relación coa súa etapa como presidente da Deputación. Esta nova causa sumábase a outra aberta pola mesma maxistrada sobre o seu paso pola Concellaría de Urbanismo de Lugo, na que lle imputaba outros catro delitos. De todas as imputacións foi quedando sucesivamente exonerado.

Segundo o auto difundido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o Xulgado de Instrución número 2 de Lugo decretou o sobresemento provisional da causa sobre estas supostas adxudicacións irregulares realizadas no ámbito do ‘Programa KM0’ da Deputación, con cargo a fondos propios e fondos FEDERa empresas de transporte titularidade dun directivo do Grupo Monbus.

A maxistrada destaca no auto que, polo momento, aínda non é firme, a resolución do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo que delimita o obxecto procesual da causa, pois está pendente de que a Audiencia Provincial resolva un recurso de apelación contra a inclusión ou exclusión de determinados feitos no obxecto do procedemento.

A formación do testemuño que motiva o procedemento, segundo indica a xuíza no auto, “presenta graves deficiencias” que impiden a súa eventual continuación. En todo caso, a maxistrada sinala que, tendo en conta a copia remitida ao xulgado que xustifica a formación da causa, “o que non aparece debidamente xustificada é a perpetración” de delito algún “respecto da totalidade dos extremos remitidos”.

Así, incide en que “non permite constatar indicio algún racional de criminalidade“, á vez que subliña que “non consta nos informes policiais de análise da documental incautada (únicas dilixencias practicadas, ademais das declaracións de testemuñas e investigados) ningún indicio relativo aos ingresos oficiais e declarados dos investigados”.

Todo iso, “realizándose diversas análises patrimoniais que non permiten inferir indicio ningún racional de criminalidade fronte aos mesmos”.

“NINGÚN INDICIO OBXECTIVO DE CRIMINALIDADE”

“A pesar da sucesiva reiteración, en diversas resolucións xudiciais ao longo da instrución da causa, das supostas adxudicacións ilícitas e diversas irregularidades, o certo é que ningún indicio obxectivo de criminalidade puido constatarse”, recalca a titular do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo.

Ademais, explica que, tal e como se sinalaba nun auto emitido en xuño de 2020 polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, “tales sospeitas non alcanzan a condición de indicios racionais de criminalidade, ningún indicio obxectivo concorre do intento de beneficiar na contratación ao directivo de Monbus como partícipe nas empresas adxudicatarias”.

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...