InicioPolíticaA Deputación de Lugo abrirá as novas residencias de Navia de Suarna...

A Deputación de Lugo abrirá as novas residencias de Navia de Suarna e Ribas de Sil antes de concluír o ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputación de Lugo abrirá dúas novas residencias de maiores nos concellos de Navia de Suarna e Ribas de Sil, que estarán operativas antes de que conclúa o ano. A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, compareceu tras a xunta de goberno para anunciar a adxudicación dos contratos para “poder ofrecer as prestacións básicas da residencia de Navia de Suarna por 730.000 euros, e da residencia de Ribas de Sil por case 610.000 euros”.

García Porto celebrou “estes pasos dados” que van “permitir cumprir coas previsións” e abrir en novembro o centro de atención a maiores de Navia de Suarna e antes de que finalice 2022 tamén a residencia de Ribas de Sil. Con iso, puntualizou que “ao longo deste mandato, puxéronse en funcionamento un total de seis residencias, cun enorme esforzo en materia de xestión e en materia económica”.

Con estas aperturas, a Deputación de Lugo xestonará un total de 9 centros de atención a maiores: Trabada, Ribadeo e Pol, que abriron na pasada lexislatura; A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira, que se puxeron en marcha no actual mandato, desde que José Tomé é presidente da Deputación, así como Navia e Ribas de Sil.

Pilar García Porto aproveitou para lembrar que a posta en marcha das residencias faise “sen ningún tipo de achega da administración que por lei ten as competencias en servizos sociais, que é a Xunta de Galicia”. “Non apoia nin á deputación, nin aos concellos para o funcionamento das residencias, pero non é só que non apoie senón que non está a crear as prazas suficientes para atender aos maiores na provincia de Lugo”, reprendeu.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...