InicioPolíticaO exacalde de Muras volve ao banco por presunta prevaricación e enfróntase...

O exacalde de Muras volve ao banco por presunta prevaricación e enfróntase a 15 anos de inhabilitación

PUBLICADA O

- Advertisement -

exalcalde de Muras, Isaam Algnam Azzam, volverá sentar no banco dos acusados como presunto autor dun delito de prevaricación, e será xulgado na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo este martes.

Segundo recóllese no escrito de acusación pública, o exalcalde subscribiu decenas de contratos laborais temporais entre 2012 e 2015, sen seguir os procedementos regulados para seleccionar ao persoal. Todo isto fíxoo “con pleno coñecemento e vontade de que actuaba á marxe do ordenamento xurídico e de que ocasionaba un resultado materialmente inxusto co seu comportamento”.

A Fiscalía sinala, así mesmo, que algunhas das contratacións fixéronse tras unha entrevista persoal do propio alcalde coas persoas contratadas, e que o rexedor fixo “caso omiso” das advertencias da interventora sobre as súas irregularidades. Por estes feitos, considérao autor dun delito continuado de prevaricación, e pide que sexa inhabilitado para emprego ou cargo público durante 15 anos.

O exrexedor de Muras xa foi condenado por inxurias cara ao seu sucesor, Manuel Requeijo, en 2016, e foi xulgado en 2021 por prevaricación, nesa ocasión por asinar resolucións en materia urbanística que beneficiaban á súa muller, aínda que foi absolto pola Audiencia.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...