InicioPolíticaPP e BNG condenan no Parlamento a conduta do alcalde de Pol...

PP e BNG condenan no Parlamento a conduta do alcalde de Pol contra un afeccionado do Portomarín C.F.

O PSdeG acusa ao PP de tratar de "desprestixiar" aos representantes doutras forzas políticas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP e o BNG apoiaron este xoves unha iniciativa a través da que a Cámara galega expresa a súa condena e rexeitamento á conduta protagonizada polo alcalde de Pol, o socialista Liño Rodríguez, contra un afeccionado do Portomarín durante un partido de fútbol o pasado 8 de maior de 2022.

A proposición non de lei, na que os socialistas optaron pola abstención, sinala que a actitude mostrada polo rexedor evidenciou total intolerancia e agresividade, un comportamento “impropio” dun cargo público institucional.

A iniciativa foi defendida polo deputado popular Alberto Pazos, quen asegurou que “se estas actitudes violentas son sempre condenables, aínda requiren máis gravidade cando veñen dun responsable público que ten o deber de exemplaridade, e que ademais goza de especial protección penal pola súa condición de autoridade pública”.

O popular, así mesmo, criticou que, lonxe de arrepentirse do seu comportamento e presentar escusas públicas, o rexedor realizase manifestacións sobre este incidente en medios de comunicación “absolutamente impropias dun representante público”.

A iniciativa contou co apoio do BNG, quen sostivo que a sociedade ten unha opinión “unánime” sobre a “indecencia” e a “degradación” que este rexedor fai no concello de Pol. “O BNG xa expresou a súa repulsa o pasado 11 de maio condenando os actos do alcalde e esixiu explicacións e responsabilidades polos feitos que levou a cabo”, afirmou o nacionalista, que considerou que os actos do alcalde non só degradan a imaxe do propio alcalde, senón á política en xeral.

Pola súa banda, a deputada do PSdeG, Paloma Castro, cuxo Grupo optou pola abstención, criticou a liña política do PP, que enmarcou na carreira cara ás eleccións municipais e que, na súa opinión, “se achega máis a atacar no persoal e desprestixiar os representantes doutras forzas” que a unha “liña política dilixente e responsable”. “O que pasa aquí é que non aceptan que en Pol teñen un problema político e que falan dun alcalde que mantén as súas maiorías e dun PP non que para de baixar”, dixo referíndose a a bancada popular.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...