InicioPolíticaOrozco ve "lexítimo" que outra candidatura poida competir contra Gonzalo Caballero pola...

Orozco ve “lexítimo” que outra candidatura poida competir contra Gonzalo Caballero pola Secretaría Xeral do PSdeG

En todo caso, destaca que o máis importante é o "proxecto" que se presente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O expresidente do PSdeG e exalcalde de Lugo Xosé López Orozco ve “lexítimo” que poida xurdir outra candidatura para competir pola Secretaría Xeral do Partido Socialista de Galicia co actual líder, Gonzalo Caballero. O que foi presidente dos socialistas galegos na etapa de Pachi Vázquez deixou caer que “sempre que hai un congreso hai estes movementos”.

“Paréceme lexítimo que haxa un secretario xeral que queira permanecer e tamén me parece lexítimo que haxa outros compañeiros que queiran dar un paso e postularse”, afirma. No entanto, cre que “o máis importante é o proxecto que se ofreza, non só aos militantes, senón ao conxunto da cidadanía, de como poder gañar ao PPdeG”. “O proxecto é o que ten que namorar aos militantes e cidadáns. Véxoo con tranquilidade”, di sobre o proceso ata o congreso galego.

Sobre o ex secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro, Orozco indicou que fala “moi a miúdo” con el, pero “non” se atreve a preguntarlle se vai volver á primeira liña política. “Respecto os seus silencios”, responde.

ARQUIVO DE CAUSAS

Por outra banda, Orozco, que se enfrontou a dez investigacións xudiciais, móstrase “moi optimista” da que pode ser o décimo e último arquivo dunha causa, neste caso en relación coa ORA.

A fiscalía requiriu no último auto xudicial o seu desimputación, que está á espera da resposta do xuíz do xulgado número un de Lugo. “Estou moi optimista, aínda que xa o estaba antes dese informe fiscal e máis agora. Alá quedan ese nove anos de moito pesar, infumables, innecesarios que tiven que sufrir. Custoume moito a miña vida política, social e familiar”, conclúe o que foi alcalde da cidade de Lugo desde 1999 a 2015, ano no que tivo que deixar a política ao vetar a súa investidura Lugonovo, o BNG e Esquerda Unida.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...