InicioPolíticaA Deputación formaliza ante notario a extinción de Suplusa

A Deputación formaliza ante notario a extinción de Suplusa

O PP acusa a Tomé de "traizoar" os traballadores da entidade disolta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo formalizou este martes ante notario a extinción da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa), cuxa disolución foi acordada por unanimidade en pleno da corporación provincial en setembro de 2019.

Deste xeito, a administración luguesa asume os bens e obrigacións da empresa mercantil creada baixo a presidencia do popular Francisco Cacharro Pardo para a promoción do chan industrial na provincia.

Así, a deputación faise cargo das propiedades a nome de Suplusa, valorados en 24,3 millóns e que van desde terreos e parcelas a edificios, naves, maquinaria, medios auxiliares ou vehículos.  Tamén quedan baixo xestión da deputación que preside o socialista José Tomé os polígonos industriais que ata agora eran titularidade de Suplusa.

A xestión de parques industriais era, segundo lembra o goberno lugués, o único servizo en mans da sociedade despois de que en 2018 fosen retiradas as competencias sobre os centros de atención a maiores e en 2020 se lle adxudicasen a Tragsa as tarefas de conservación de zonas verdes.

Nun comunicado, o goberno provincial incide en que o proceso supón “manter todos e cada un dos postos de traballo” da sociedade e resalta que a finalización do proceso de disolución de Suplusa supón eliminar “o último ente instrumental” da Deputación luguesa, o que dá cumprimento a un dos puntos do pacto de goberno selado entre PSdeG e BNG ao comezo da lexislatura.

POSTURA DO PP

Pola súa banda, o PP de Lugo apuntou que a desaparición de Suplusa leva “a paralización” dos proxectos de creación de chan industrial “porque así o quere o goberno provincial” ao “incumprir” os compromisos cos concellos.

“É necesario atender eses compromisos, porque Lugo necesita chan industrial”, incidiu o deputado José Antonio García, que tamén advirte dos “incumprimentos” do executivo provincial cos extraballadores de Suplusa.

“Hai que lembrar que este asunto está pendente de resolver en vía xudicial, dado que os empregados, que se sentiron traizoados polo presidente da Deputación, tiveron que acudir a esta vía en defensa dos seus dereitos”, incidiu o deputado provincial.

ÚLTIMAS

Bye, Bye X, Lugo Xornal deixa esta rede social pola desinformación

Lugo Xornal, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La...

Xorde unha petición en chance.org para que o Auditorio de Lugo leve o nome de “Fuxan os Ventos”

"Como habitante de Lugo, é importante para min que se valorice e se recoñeza...

A Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo, que suman 2,5 millóns

A Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web...

A xustiza recoñece o plus de nocturnidade a unha xerocultora dunha residencia en Castro Ribeiras de Lea

O Xulgado do social número 1 de Lugo recoñeceu o dereito dunha gerocultora da...