InicioPolíticaO Concello da Fonsagrada volverá ter orzamentos prorrogados tras votar "non" PP...

O Concello da Fonsagrada volverá ter orzamentos prorrogados tras votar “non” PP e BNG ás contas do PSOE

O rexedor socialista é favorable dun pacto co BNG que, polo momento, non evita negocialo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello da Fonsagrada verá, por segundo ano consecutivo, as súas contas prorrogadas debido que a proposta de orzamentos que presentou o goberno local encabezado polo PSOE en minoría contou co voto en contra do PP e do BNG. As contas prorrogadas ascenden a uns 3 millóns de euros.

A situación que se dá hai que remontala ás eleccións de 2019, cando o PSOE perdeu a maioría absoluta e o PP foi máis votado. A investidura para o grupo socialista estivo marcada polas condicións que puxo o BNG para dar a Alcaldía aos socialistas e que pasaron por que o bastón de mando recaese, finalmente, en Carlos López.

De feito, o PP fonsagradino chegou a tentear á candidata do BNG, María Xosefa Ortiz, para lograr un cambio de goberno e acabar co “caciquismo do PSOE” que, en palabras do popular José Regueiro, os propios nacionalistas “denuncian”.

Para a aprobación do orzamento, houbo negociacións no mes de decembro. O BNG enviou un documento que, entre outras cuestións, pedía “transparencia” nos fondos, pero os socialistas, tal e como explicou o alcalde a Europa Press, viron ese escrito máis como “un pacto de goberno” que emendas ao orzamento.

Finalmente, o orzamento foi votado este venres e rexeitado cos votos do BNG e PPdeG, polo que as contas quedaron prorrogadas un ano máis. “Sempre manifestamos e estamos abertos a negociar co BNG”, asegurou o rexedor, quen reprochou que o PP “non emendou nada”, só “fixo un voto negativo pero non presentou nin unha soa emenda” aos orzamentos.

En canto ás propostas do BNG, afirmou que “eran máis propias dun pacto de goberno que de discusións dun orzamento”. Preguntado por se un posible pacto de goberno está encima da mesa, dixo que “en ningún momento” estivo encima da mesa nestas negociacións e lembrou que no seu día, cando se votou a investidura, foi o único momento en que si se tratou esta cuestión sen que frutificase. “É un tema que nunca se volveu a pór encima da mesa“, ratificou.

O alcalde si manifestou a súa vontade “de chegar a acordos co BNG para chegar a acordos para sacar adiante iniciativas para o concello”.

“SOCIALISMO RANCIO”

Pola súa banda, o portavoz municipal do PP defendeu que o rexeitamento ás contas “reflectiu o sentir da xente, porque realmente votamos non a uns orzamentos, senón ao socialismo rancio que foi o que perdeu as eleccións municipais”.

Entre outras cuestións, criticou o nivel de endebedamento, de 310.000 euros, e que o goberno municipal “non presentou en ningún momento ningún plan de amortización“. Así mesmo, tamén pide “transparencia” e lamentou que os nacionalistas, que “acusan de mala xestión e opacidade” aos socialistas, “prefiran” un goberno do PSOE que do PP.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...